Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

BAOBAB TEATRO PECHA A PROGRAMACIÓN DESTE SEMESTRE NO TEATRO MUNICIPAL DE TUI

O venres ás 20h representarán ?Martes- dirixida a público familiar

O venres ás 20h representarán ?Martes- dirixida a público familiar

Fecha: 15 de Mayo de 2015

Fuente: www.concellotui.org

Este venres chega ao seu remate a programación deste semestre no Teatro Municipal de Tui. A compañía Baobab Teatro de Pontevedra será a responsable de pechar esta programación coa representación de "Martes" unha obra de monicreques dirixida a público familiar. A cita será ás 20h.

"Martes" é unha obra de monicreques recomendada a partir dos 2 anos. Está dirixida por Andrea Bayer e Óscar Ferreira e protagonizada por este último xunto a Xurxo Cortázar coma manipuladores. Trátase dunha obra feita integramente coa técnica coñecida como luz negra, de tal xeito que os monicreques semellan flotar no aire como por arte de maxia.

Martes, o protagonista, é un ser espacial que vive entre as estrelas e a lúa. Un día, un monstro come ao seu amigo Pin e as súas estrelas. Para salvalos Martes terá que enfrontarse ao seus medos e emprender unha viaxe máis alá do sol. O espectáculo ten unha duración de 45 minutos.

Baobab Teatro creouse en 2010 da man de Andrea Bayer e Óscar Ferreira, que contan cunha dilatada experiencia no eido do teatro infantil. Dende entón apostan por espectáculos para emocionar, cargados dunha forte poética e sinxeleza.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

Baobab Teatro con "Martes"
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Venres, 15 de maio, ás 20h
Venda de entradas: en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí