Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

BEA LOMBA NOVA RESPONSÁBEL LOCAL DO BNG NA GUARDA

O BNG renovou o seu consello local para afrontar unha nova etapa ilusionante na Guarda

O BNG renovou o seu consello local para afrontar unha nova etapa i

Fecha: 12 de Mayo de 2016

Fuente: BNG - A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego ven de renovar os cargos orgánicos na localidade da Guarda. A formación nacionalista elixiu en asemblea a Bea Lomba, unha moza, comerciante guardesa con ampla experiencia organizativa a prol do comercio guardés.

Ao mesmo tempo elixiuse un novo consello local que contará coa presenza do portavoz municipal, Ángel Baz, a concelleira e representante do BNG na Entidade de Camposancos Merchi Martínez, o concelleiro Xan Lois Lomba, o activista social e mariñeiro Benito "Mansa", así como Xabier Vicente e Begoña González que conforman un equipo no que se mesturan caras novas e experiencia política.

"Temos claro que a Guarda merece un goberno diferente. Para iso tamén necesita unha organización forte con visión de país e que traslade esa visión aos veciños e veciñas da Guarda cun proxecto político serio e responsábel que dea o cambio de rumbo que a Guarda e Galiza necesitan", comentou Bea Lomba, nova Responsábel local do BNG.

O reptos desta nova dirección local son a mellora as vías para canalizar os problemas dos veciños e veciñas da Guarda, achegar as institucións ao pobo con modelos de participación máis abertos e democráticos, así como seguir aumentando a organización política na localidade tanto en membros como en representación institucional.

Entre outras iniciativas o BNG ten estabelecido asembleas abertas como modelo de achegamento, contacto e participación veciñal, animando aos veciños e veciñas da Guarda a formar parte delas para aportar ideas, propostas, ...
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones