Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Bebeteca de Nadal este venres na Guarda

O venres 14 de decembro ás 18:00h a Biblioteca Pública Municipal acolle unha nova sesión da Bebeteca

O venres 14 de decembro ás 18:00h a Biblioteca Pública Municipal acolle unha nova sesión da Bebeteca

Fecha: 14 de Diciembre de 2018

Fuente: Concello da Guarda

A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda organiza dúas actividades para neste Nadal, que consistirán nunha edición da Bebeteca de Nadal este venres día 14 de decembro e Contos Contados de Nadal o sábado 22 de decembro.

O venres 14 de decembro ás 18:00h a Biblioteca Pública Municipal acolle unha nova sesión da Bebeteca, especialmente adicada ao Nadal e pensada para nenos nenas de 3 a 6 anos. Rebeca González, mestra de Educación Infantil do CEIP As Solanas e coordinadora de Bibliosolanas contará o conto "Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis".

Ao remate, cada neno o nena que asista levará un conto en préstamo da Bebeteca á súa casa durante o Nadal. Os nenos e nenas que asistan e aínda que non teñan a tarxeta de préstamo da Biblioteca, poden levar unha folla de inscrición para obtela.

A Bebeteca é unha sección de libriños especialmente pensados para que as familias podan iniciar na lectura aos bebés. Libros con imaxes, texturas, formas, sons e títeres de dedo. Idade: 0 -3 anos e 3 -6 anos.

As actividades programadas neste Nadal na Biblioteca Pública Municipal de A Guarda continúa o vindeiro 22 de decembro con Contos Contados de Nadal, "Canto contan os Avós", dirixido a nenos, nenas e familias. Contaranse contos dos avós e a continuación realizarase un obradoiro que consistirá en facer unha figuriña para o árbore de Nadal que adornará a Biblioteca e outra para levar ás súas casas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones