Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

BESTEIRO CONSIDERA -A CRISE UNHA OPORTUNIDADE PARA VOLVER A PENSAR EN COLECTIVO, A APOSTA POLO PÚBLICO É O ÚNICO XEITO DE CAMBIAR AS COUSAS-

Os concellos socialistas teñen sido nos últimos anos os que máis investimento realizaron en políticas sociais, fixándoas como prioridade en tempos difíciles

Os concellos socialistas teñen sido nos últimos anos os que máis investimento realizaron en políticas sociais, fixándoas como prioridade en tempos difíciles

Fecha: 05 de Marzo de 2015

Fuente: PSOE

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en A Guarda que "a crise ten que ser unha oportunidade para volver a pensar en colectivo, a aposta polo público é o único xeito de cambiar as cousas".

O líder dos socialistas galegos participou esta tarde en A Guarda nun encontro cunha veintena de representantes de colectivos de carácter social, como Érguete, Avelaiña, San Xerome Emiliani, Conrazones, San Vicente de Paul e Cruz Vermella.

Asistiron tamén á reunión o secretario xeral provincial do PSdeG, Santos Héctor, o alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, e Antonio Lomba, candidato á alcaldía nas próximas municipais. "Os concellos socialistas teñen sido nos últimos anos os que máis investimento realizaron en políticas sociais, fixándoas como prioridade en tempos difíciles", afirmou Besteiro.

"Por primeira vez en moito tempo pensamos que os nosos fillos poden vivir peor que nós", manifestou Besteiro, que trasladou aos colectivos o compromiso do proxecto socialista en A Guarda e en toda Galicia "coa loita contra o desemprego e a desigualdade, e coa axuda a quen máis o necesita".

O obxectivo principal da xuntanza era escoitar as demandas dos colectivos e manifestar o compromiso do partido con eles. "O gasto nos orzamentos da Xunta para políticas sociais era do 70% en 2009, pero agora, cando máis xente o necesita, baixou ao 62%", apuntou.

"Os cidadáns teñen que elixir que forma de facer política queren e teñen unha oportunidade no mes de maio; os socialistas nos comprometemos a buscar sinerxias co mundo asociativo, enfrontarse cada día coa realidade dun pobo é o maior test, esa é a importancia dun goberno municipal", rematou Besteiro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones