Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Bibliocasas de madera para fomentar a lectura en Goián

Os libros son/serán/foron depositados nas bibliocasas para poder disfrutar da lectura, dun xeito totalmente gratuito

Os libros son/serán/foron depositados nas bibliocasas para poder disfrutar da lectura, dun xeito totalmente gratuito

Fecha: 14 de Mayo de 2018

Fuente: Nandi de Santiago

O clube de lectura "Chocolate con libros" de GOIÁN, vai poñer en marcha unha actividade de fomento da lectura en galego, pioneiro na zona do Baixo Miño, coincidindo co Día das Letras Galegas.

Esta iniciativa, que xa funciona noutros lugares, consiste en liberar varios exemplares de libros que van estar "custodiados" nunhas dependencias moi especiais: unhas xeitosas "bibliocasiñas" de madeira colocadas estratéxicamente na praza Pintor Antonio Fernández de Goián. Concretamente serán dúas as "bibliocasas" instaladas, unha na entrada principal do CEIP Antonio Fdez e outra ao carón da aula-museo de Antonio Fernández.

Os libros son/serán/foron depositados nas bibliocasas para poder disfrutar da lectura, dun xeito totalmente gratuito, pero hai unhas pequenas normas que se deberán cumprir, expostas nas mesmas bibliocasas.

O sistema vai funcionar como unha biblioteca onde cada un poderá coller prestado un libro que deberá devolver, en boas condicións, cando remate de lelo, e así o poidan disfrutar o maior número de persoas posible.

Poderemos atopar diferentes xéneros literarios para todas as idades: dende infantil, xuvenil, narrativa actual, teatro, poesía... De todos os xeitos, intentarase incrementar o fondo bibliografíco gradualmente.

O clube de lectura "Chocolate con libros" naceu hai 7 anos xa, cando un grupo de profes e nais do CEIP Antonio Fdez de Goián, decidiron xuntarse para falar de literatura os últimos xoves de mes. Entre as actividades que levan feito, destacamos a campaña "Libros por alimentos" Que realizaron o pasado nadal, así como distintas tertulias/coloquios con autores do panorama literario galego actual.

Dende o club pensamos que a literatura e a cultura, en xeral, non deben estar restrinxidas a espazos pechados e inaccesibles, senón todo o contrario. Por iso nace esta iniciativa, e desexamos que sexa todo un éxito en Goián e ao mesmo tempo se espalle por toda a bisbarra.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones