Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

BNG SOLICITA O ARRANXO DA RAMPLA DO PIRÚN NA GUARDA

O actual estado de deterioro supón maior perigo que as propias escaleiras

O actual estado de deterioro supón maior perigo que as propias escaleiras

Fecha: 06 de Julio de 2015

Fuente: BNG - A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego presentou un escrito solicitando ao goberno municipal do PSOE o arranxo da rampla que hai na zona coñecida como Pirún, sita na rúa da Cal polo seu mal estado.

Para o BNG o estado actual desta infraestrutura é lamentábel, froito da falta de mantemento por parte do concello durante estes anos.

Así, pódese observar que as varandas están a caer con pezas que se desmontan con moita facilidade, os pivotes que as sosteñen están soltos ou mal ancorados o que supón un serio perigo para calquera persoa que pase pola rampla. O estado xeral da madeira é preocupante, con zonas podres e o firme da rampla está desnivelado con táboas levantadas que dificultan o camiñar.

Tendo en conta que esta infraestrutura foi deseñada para facilitar a accesibilidade de veciños e veciñas que diariamente atravesan o lugar, nestes intres supón un perigo maior que o uso das escaleiras.

"A rampla debe ter un mantemento continuado ao longo do ano, corremos o risco de ter que lamentarnos dunha desgraza en calquera momento", comentou o portavoz municipal, Ángel Baz.

O BNG insta ao Alcalde da Guarda a que tome as medidas oportunas con carácter de urxencia para o arranxo da rampla do Pirún e que se comprometa a un mantemento ao longo do ano, algo que até o momento non se fixo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones