Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

BRISAMAR ELABOROU O MELLOR PINCHO DE LAMPREA DO MIÑO

Incrementouse a participación nun 45% con respecto ó ano 2015

Incrementouse a participación nun 45% con respecto ó ano 2015

Fecha: 23 de Abril de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

A Ruta do Pincho da Lamprea do Miño celebrouse as dúas pasadas fines de semana e a pesar do mal tempo foron moitos os veciños e visitantes que degustaron a lamprea do Miño nos 14 establecementos participantes.

Nesta edición mudouse a data de celebración pero volveu a ser un éxito xa que ponderando a participación de 2015 e 2016 houbo un incremento de participación do 45 %. Isto demostra que a ruta segue a ser unha interesante iniciativa para dar a coñecer a lamprea entre aqueles que descoñecen e tamén permite aos amantes do seu sabor degustala en formato pincho e en variadas elaboracións.

Nesta nova edición volveuse a organizar o Concurso do Mellor Pincho da Lamprea do Miño entre os restaurantes e bares adheridos para premiar a creación dun pincho de calidade. Os responsables de escoller o establecemento co mellor pincho foron os participantes puntuando cada pincho mediante unha papeleta que cumprimentaron e depositaron nas urnas dispoñibles en cada establecemento da ruta.

Tras finalizar a ruta e realizar o reconto das 691 papeletas os participantes recoñeceron cos seus votos ó Restaurante BRISAMAR como o establecemento que elaborou o MELLOR PINCHO DA LAMPREA DO MIÑO nesta terceira edición.

Para premiar a fidelidade dos participantes tamén se organizou un sorteo entre todas as papeletas depositadas nas urnas. O sorteo realizouse o xoves 21 de abril e despois de contactar con todos premiados faise público o nome dos premiados:
• 1º ISIDRO FERREIRA PIRES (A Guarda) premiado cunha caixa de 6 botellas de viño Albariño da Adega Rectoral do Umía.
• 2º FRANCISCO ALONSO VÁZQUEZ (O Rosal) premiado cunha caixa de 6 botellas de viño Mencía da Adega Rectoral de Amandi.
• 3º JUAN EDMUNDO DA COSTA ALONSO (A Guarda) premiado cunha caixa de 6 botellas de viño Ribeiro da Adega Alanís.
• 4º ROBERTO VIDAL JORGE (Vigo) premiado cunha botella de viño Mencía da Adega Rectoral de Amandi e outra botella de viño Ribeiro da Adega Alanís.
• 5º premiado cunha botella de viño Mencía da Adega Rectoral de Amandi e outra botella de viño Ribeiro da Adega Alanís.
A entrega do diploma ó restaurante Brisamar como recoñecemento a súa achega o bo facer na ruta organizada e os lotes de viño ós premiados terá lugar no Concello da Guarda o próximo xoves 28 de abril.
Esta iniciativa gastronómica organizada por viveirista e pescadores do Miño da Guarda e patrocinada polo Concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones