Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

BUZOS DO GEAS DA GUARDIA CIVIL PARTICIPARON NUN OPERATIVO DE RESCATE DUN TURISMO NO PORTO DE A GUARDA

Centos de curiosos achegáronse ata a zona portuaria de A Guarda ante o avistamento dun turismo sumerxido na auga

Movilizouse unha carretilla elevadora da Lonxa de A Guarda para remolcar o turismo afundido, que metro a metro foi saíndo da auga ata quedar na superficie

Fecha: 02 de Marzo de 2014

Fuente: Infomiño.com

Todo comezou sobre as 9:00h da mañá do Venres día 28 de Febreiro cando Abelillo Rodríguez Lomba facía unha instantánea dunha estructura sobresaíndo da auga diante da rampla de varado de embarcacións do peirao guardés, coincidindo coa baixamar. Aínda que a situación atmosférica non axudaba a diferenciar correctamente o obxecto, xa pola noite, coincidindo coa segunda baixamar, foi cando un particular, alertou á central do 112 do avistamento dun vehículo nas augas do porto de A Guarda. Nese momento movilizouse ó GES de A Guarda e Policía Local, que ante a falta de visibilidade, decidiron pospoñer as actividades ata a xornada do Sábado.

Na mañá do Sábado día 1 José Rodríguez Rodríguez facía unha nova fotografía, desta volta xa se apreciaba correctamente que se trataba dun turismo. A fotografía invadíu as redes sociais e o que dende Infomiño Noticias identificabamos nun primeiro momento coma unha estructura metálica, se confirmaba xa coma un turismo.

Dende as 15:00h da tarde varias dotacións da Guardia Civil se despregaron na zona portuaria á espera do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas(GEAS) da Guardia Civil, que chegaría pasadas ás 17:00h da tarde. Tamén se movilizaron Policía Local de A Guarda e GES de A Guarda.

As primeiras labores realizadas polos GEAS consistiron na localización do vehículo, afundido a uns 20 metros da liña de marea da rambla de embarcacións do Porto de A Guarda, para posteriormente, coa axuda da embarcación dun mariñeiro local, colocar dúas cordas dende o turismo afundido ata terra.

Movilizouse unha carretilla elevadora da Lonxa de A Guarda para remolcar o turismo afundido, que metro a metro foi saíndo da auga ata quedar na superficie, onde o alcalde de A Guarda, Sr. José Manuel Domínguez Freitas, acompañado do Patrón Maior da Cofradía Sta. Tecla, comprobou en primeira persoa estas tarefas, confirmando posteriomente a Infomiño Noticias mediante chamada telefónica de que no interior do turismo non se atopou nada.

O número de bastidor do vehículo atopado no Porto de A guarda  coincide co turismo dunha persoa que se atopa en paradoiro descoñecido dende finais de Xaneiro, e cuxa desaparición foi denunciada a principios de Febreiro. A Guardia Civil mantén aberta unha investigación na que se barallan varias hipótesis.

O suceso orixinou unha gran espectación nos arredores do Porto de A Guarda, onde centos de persoas e varios medios de comunicación seguiron de preto as tarefas de rescate deste turismo.

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí