Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Campaña de visitas guiadas á Costa dos Castros en Oia

As visitas van orientadas a un público xeral, son gratis e ofrécense diariamente ata setembro.

As visitas van orientadas a un público xeral, son gratis e ofrécense diariamente ata setembro.

Fecha: 05 de Septiembre de 2016

Fuente: Costa dos Castros

Dende o xoves 28 comezaron as visitas guiadas ao patrimonio arqueolóxico de Oia, promovidas pola Asociación Costa dos Castros, o Concello de Oia e empresas colaboradoras como Terras Gauda. As visitas durarán todo o verán, son gratuítas e teñen por obxecto dinamizar o turismo da zona.

Costa dos Castros comeza a súa tempada estival cunha batería de visitas guiadas ao patrimonio arqueolóxico do Concello de Oia. As visitas van orientadas a un público xeral, son gratis e ofrécense diariamente ata setembro.

As visitas teñen dous formatos. Por unha banda, unha serie de visitas con horarios fixos e por outro, as que só se farán baixo demanda de grupos. Dentro das visitas regulares ofertadas están as seguintes:

Visitas diúrnas á Cabeciña (diarias, excepto luns): Ofrécese un percorrido polos 4.000 anos de historia deste complexo arqueolóxico dende os petróglifos ata a actualidade, pasando pola época castrexa e as formas de vida tradicionais. A visita ten un carácter moi aberto e inclusivo para todo tipo de público, que ademais desfrutará coas incribles vistas deste promontorio.

Visitas nocturnas á Cabeciña (venres e sábados): Estas visitas céntranse nos petróglifos que se farán visibles pola luz das lanternas. Unha visita máis evocadora para desfrutar do luar, das estrelas e do son do mar mentres nos achegamos a estes gravados ancestrais.

Visitas ao barrio do Arrabal (sábados e domingos): Trátase do barrio que rodea o Mosteiro de Oia. Nesta visitas coñeceremos a vida duns monxes artilleiros, un sistema de pesca ancestral, as casas de patín e os edificios que tiveron unha especial relación co Mosteiro, como a cárcere ou a tafona.

Visitas a Terras Gauda (diarias): Esta adega abre as súas portas aos visitantes para lles introducir ao mundo da uva e a vide coas calidades singulares dos viños do Rosal e de Terras Gauda en particular. A visita ten un custe de 5€ e inclúe un paseo en microbús polos viñedos e cata de dúas variedades de viño.

Estas visitas regulares tamén se poden solicitar para grupos pequenos fóra dos horarios fixos.

Ademais, a Asociación Costa dos Castros ofrece visitas que se realizarán baixo demanda de pequenos grupos: ao xacemento de Chavella coas súas espectaculares vistas, ao castro de Cano dos Mouros para coñecer ás súas lendas e ao petróglifo de Auga dos Cebros, cunha representación dun barco mediterráneo do II milenio a. C.

Para máis información, horarios e reservas pódese chamar ou contactar por Whatsapp ao 666435832, escribir a costadoscastros@gmail.com ou consultar na web (www.costadoscastros.com ) e Facebook (www.facebook.com/costadoscastros ) da Asociación Costa dos Castros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones