Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cándido Pazó e a súa obra Que comerá o rei? chegan á Guarda este venres

Este venres 11 de novembro, ás 21 horas no Centro Cultural da Guarda

Este venres 11 de novembro, ás 21 horas no Centro Cultural da Guarda

Fecha: 11 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O actor pontevedrés Cándido Pazó representa este venres 11 de novembro, ás 21 horas no Centro Cultural da Guarda a súa obra "Que comerá o rei?", como parte da programación da Deputación de Pontevedra para conmemorar o Ano Castelao. A entrada é de balde pero é necesario recoller os tickets con anterioridade, que xa están dispoñibles no Centro Cultural e no Departamento de Cultura do concello da Guarda.

"Que comerá o rei?" é un espectáculo no que Cándido Pazó presenta unha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao. Unha obra que, coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente do xenial artista. Cándido Pazó a ten calificado como un "acto de desagravio" contra todo ese descoñecemento que houbo ao redor de Castelao nunha época determinada.

O espectáculo é unha das cinco obras teatrais que, dende o mes de xullo e ata decembro deste ano, están percorrendo os 62 concellos da provincia. En total sumarán 90 actuacións nas que se presentan propostas escénicas moi diferentes ao longo de toda a provincia pero cun nexo de unión: reivindicar a loita de Castelao polo idioma e a identidade galega. Ademais, tamén busca achegar o teatro a toda a poboación da provincia, para que poidan desfrutar das obras e coñecer aínda máis unha figura tan destacada como foi Castelao.

O Ano Castelao 2016 celébrase para conmemorar tres datas destacadas do autor: o centenario da súa chegada á cidade de Pontevedra, o 75 aniversario da estrea de "Os vellos non deben de namorarse" e o Día das Artes Galegas, que este ano se dedica a Castelao.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones