Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CARAMUXO TEATRO PRESENTA ESTE VENRES EN TUI A OBRA DE TEATRO PARA BEBÉS ?ZAPATOS-

Haberá dúas funcións, ás 17.30h e ás 19h, co aforamento limitado a 100 espectadores

Haberá dúas funcións, ás 17.30h e ás 19h, co aforamento limitado a 100 espectadores

Fecha: 13 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de Tui

Este venres, 13 de maio, o Teatro Municipal de Tui acolle dobre función da obra de teatro para bebés "Zapatos" da man de Caramuxo Teatro. Esta obra pecha a programación do primeiro semestre do ano neste espazo escénico.

A primeira das funcións será ás 17.30h e a segunda ás 19h estando o aforamento limitado en cada unha delas a 100 espectadores que sentarán no propio escenario. Conta cunha duración de 30 minutos e vai dirixida a nenos de 1 a 4 anos.

"Zapatos" transcorre nun recuncho dun xardín fantástico onde viven os zapatos, de todas as tallas e todas as cores, que xa non teñen dono. Unha rapaza é a encargada de darlles a benvida e coidalos nun lugar cheo de maxia onde comparten as historias que levan dentro.

En 2003 naceu na Coruña Caramuxo Teatro dirixida por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. Crea espectáculos poéticos e visuais para gozar en familia, mesturando distintas técnicas, teatro de actor, monicreques, danza... Crean producións de calidade considerando aspectos didácticos a nivel cultural e artístico.

As entradas teñen un prezo de 3€ e 2€. Están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres no despacho de billetes dende as 16:45h e ata ás 17:30h para a función das 17.30h; e de 18:15h a 19:00h para a función das 19h.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones