Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carmen Johns, primeira protagonista do -Música nas Prazas- este venres en concerto na Guarda

Na Praza de Santo Tomás a partir das 22 horas

Na Praza de Santo Tomás a partir das 22 horas

Fecha: 29 de Julio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Dende a Concellería de Cultura da Guarda séguese a apostar moi forte pola dinamización da actividade cultural guardesa. Dentro da variada oferta cultural e de entretemento que está a acoller a vila durante estes meses de verán, engadimos unha nova cita: a primeira edición de "Música nas Prazas", que dará comezo este venres día 29 de xullo.

 

Esta iniciativa busca levar a música e as actividades culturais ás prazas das diferentes parroquias da vila. Para isto haberá 5 actuacións musicais, a primeira das cales se celebrará este venres coa presencia da cantante pop Carmen Johns, autora que participou no festival Portamérica dos dous últimos anos.

A xove cantante , compositora e guitarrista viguesa será a encargada de inaugurar o "Música nas Prazas", levando as cancións dos seus dous discos, cun estilo propio que combina guitarras eléctricas e acústicas para transmitir todo tipo de emocións, á Praza de Santo Tomás a partir das 22 horas.

A segunda das citas terá como invitado a un dos grupos que están a revolucionar a escena musical actual: 'De Vacas'. Esta actuación será na Praza do Reló, o venres 26 de agosto.

As tres actuacións seguintes estarán ofrecidas por grupos guardeses. O venres 16 de setembro o grupo punk rock 'Unabombers' tocará na Praza de San Caetano. O xoves 22 de setembro será a quenda de SONGODIN'S, que interpretará as súas versións de cancións coñecidas na Praza de Salcidos. E para rematar esta primeira edición de "Música nas Prazas" o grupo 'Nobles' actuará, co seu estilo persoal ó que eles mesmos denominan gas noble, o venres 30 de setembro na Praza de San Amaro.

 

Dende o Concello da Guarda convídase a todo o mundo a saír ás rúas e encher as prazas nestas cinco datas cheas de música, entretemento e moita vida cultural que seguro amenizarán as noites guardesas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones