Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Charla sobre a prevención precoz do cancro de mama este venres na Guarda

O próximo venres día 20, ás 20.00h, no Centro Cultural de A Guarda, as Mulleres Progresistas en colaboración con ADICAM ofrecerán unha charla sobre a gran importancia da detección precoz do cancro de mama.

O próximo venres día 20, ás 20.00h, no Centro Cultural de A Guarda, as Mulleres Progresistas en colaboración con ADICAM ofrecerán unha charla sobre a gran importancia da detección precoz do cancro de mama.

Fecha: 20 de Abril de 2018

Fuente: Mulleres Progresistas da Guard

Venres 20.00h - APÁLPATE! A importancia da autoexploración no cancro de mama

O próximo venres día 20, ás 20.00h, no Centro Cultural de A Guarda, as Mulleres Progresistas en colaboración con ADICAM ofrecerán unha charla sobre a gran importancia da detección precoz do cancro de mama. O Programa chamado APÁLPATE!, persegue a detección precoz de este tipo de tumor dende a autoexploración. Esta charla será impartida por Pilar Rey, enfermeira xubilada que tras superar un cancro de mama colabora como voluntaria en ADICAM .

ENTREVISTA A PILAR REY

¿Cando empezaches a colaborar na loita contra o cancro de mama e porqué con ADICAM?

Comecei fai pouco máis dun ano con ADICAM porque eu tamén padecín cancro de mama,e decidin loitar contra él. Ademáis profesionalmente, como enfermeira tamén tes esa inquedanza por transmitir información sanitaria e si podes coa tua experiencia , axudar a os demais. Cando lles planteei a idea de dar charlas para informar as mulleres sobre a autoexploración tiven moi boa acollida e se puxeron a miña disposición. Foi cando formamos o proxecto de APALPATE, con xente increible,que o dan todo e conseguimos sacalo adiante.

¿Que persegue ADICAM con estas charlas?

O obxectivo que se persegue é informar e concienciar as mulleres e homes, xa que pode afectar a ambos, da importancia que ten descubrilo a tempo,resaltando os beneficios da autoexploración.
Coa autoexploración pretendese que a muller coñeza as suas mamas e que ante calquer cambio, acuda de inmediato a o medico,quen fará o diagnóstico. Non todos os cambios que poida encontrar teñen que significar cancro, a mama ten tamen outras enfermidades.

Tentamos chegar a maior cantidade posible de xente, parécennos interesante levar este tipo de charlas as vilas máis pequenas, onde as veces non hai tanta información, que nas grandes cidades si que é máis doado acceder. Cada vez o cancro de mama nos afecta a mais mulleres e a idades máis temperás, queremos chegar a tódalas idades xa que as veces, se pasa desapercibido, pode ser tarde. Dende ADICAM tentamos fomentar esa autoexploración que pode ser crucial.

¿É doado para unha muller realizar a autoexploración?

Si, na charla explicaremos o doado que é. Como dicía é o principal obxectivo da charla, facer que vexan e aprendan a poder descubrir anomalías a tempo por si mesmas. Mediante a charla e as imaxes que usamos conseguiran a información que precisan para realizar correctamente a autoexploración.

¿Que acollida están tendo ata o de agora estas charlas?

A verdade é que estamos conseguindo chegar cada vez a máis xente, mulleres e homes. Os rangos de idade no que a incidencia e máis normal, entre os 50 e 70 anos, pero estamos observando cada vez máis a asistencia de mulleres máis novas, algo que nos alegra moito, xa que empezan a ser conscientes da importancia da diagnose precoz e que o cancro non entende de idades, pois estamos observando que aumenta a incidencia a idades máis temperás. Pouco a pouco, gracias a ADICAM e as asociacións que nos axudan a darlle visibilidade na provincia e paliar o déficit de información que antes mencionaba, nas vilas pequenas,

Moitas grazas polo teu tempo Pilar, vémonos o venres, ás 20.00h, no Centro Cultural de A Guarda con APÁLPATE, proxecto desenrolado por ADICAM para informar e fomentar a autoexploración como método de detección precoz de cancro de mama.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones