Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CICLO DE CHARLAS -MANUAL DE INSTRUCIÓNS PARA EDUCAR- NA GUARDA

Os encontros se celebrarán o último martes de cada mes, sendo a primeira cita o 23 de febreiro. As xuntanzas serán na Casa dos Alonsos ás 19,30 horas

Os encontros se celebrarán o último martes de cada mes, sendo a primeira cita o 23 de febreiro. As xuntanzas serán na Casa dos Alonsos ás 19,30 horas

Fecha: 11 de Febrero de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Chegamos ao mundo sendo fillos pero, quen nos ensina a educar e a ser nais ou pais? A través do ciclo de Charlas "Manual de instrucións para educar" organizado polo Programa de Educación Familiar e a OMIX do Concello da Guarda, o que se pretende é compartir pautas sinxelas e ofrecer un espazo de reflexión e intercambio de experiencias, para  poder axudas ás nais, pais e educadores/as a lograr o pleno desenvolvemento dos nenos e nenas e adolescentes para facilitar a convivencia familiar.

 

Educar aos fillos e fillas é unha aprendizaxe diaria, polo que, nestas charlas se aportarán vías para resolver conflitos de forma construtiva, reforzando a comunicación e o diálogo como claves na relación entres nais e pais con fillos e fillas. Nestes encontros falarase das normas e dos límites coma un dereito dos rapaces e rapazas ofrecendo tamén ferramentas alternativas para poder achegarse á realidade de eses nenos e nenas.

 

Para realizar esta actividade contarase coa colaboración do terapeuta familiar Esteban Figueirido, que será o encargado de guiar estas charlas.

Ademais o que se pretende é que os participantes nos encontros tamén expoñan as súas vivencias para poder intercambiar as experiencias.

 

Datas e temas

 

As charlas celebraranse o último martes de cada mes ás 19,30 horas, na Casa dos Alonsos. Así, o primeiro destes encontros está programado para o próximo 23 de febreiro.

"Mellorando a comunicación na familia: como falar para que os fillos escoiten e como escoitar para que os fillos falen", é o título que ten esta primeira charla.

 

O 29 de marzo terá lugar a charla "Ensinando a dicir non. Asertividade, normas e límites", a seguinte é o 26 de abril e levará por nome "Pautas para fomentar a autoestima dos fillos e fillas".

O ciclo de charlas se pechará o 24 de maio co tema "Do berce á adolescencia. Ferramentas útiles con adolescentes".

 

O Concello da Guarda quere convidar a todos os pais e nais, educadores/as e a todos aqueles veciños e veciñas interesados na educación a participar nestas charlas e axudar a crear un espazo enriquecedor no que falar e contar experiencias propias.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones