Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CICLO DE CHARLAS -MANUAL DE INSTRUCIÓNS PARA EDUCAR- NA GUARDA

O próximo martes, 26 de abril, seguinte cita na Casa dos Alonsos ás 19,30 horas

O próximo martes, 26 de abril, seguinte cita na Casa dos Alonsos ás 19,30 horas

Fecha: 26 de Abril de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Continúa o ciclo "Manual de instrucións para educar" organizado polo Programa de Educación Familiar e a OMIX do Concello da Guarda, o que se pretende é compartir pautas sinxelas e ofrecer un espazo de reflexión e intercambio de experiencias, para poder axudas ás nais, pais e educadores/as a lograr o pleno desenvolvemento dos nenos e nenas e adolescentes para facilitar a convivencia familiar.

Nesta ocasión o tema protagonista será "Pautas para fomentar a autoestima das/os fillas/os", tratarase o tema da afectividade, o apego e o desenvolvemento da autoestima.

Educar aos fillos e fillas é unha aprendizaxe diaria, polo que, nestas charlas se aportarán vías para resolver conflitos de forma construtiva, reforzando a comunicación e o diálogo como claves na relación entres nais e pais con fillos e fillas.

Esteban Figueirido, terapeuta familiar, conducirá novamente esta charla, convidando aos participantes a interactuar e intercambiar experiencias para facelos encontros máis dinámicos e reais.

* Próxima data e tema

As charlas celébranse o último martes de cada mes ás 19,30 horas, na Casa dos Alonsos cun gran éxito de asistencia.

A última cita terá lugar o o 24 de maio co tema "Do berce á adolescencia. Ferramentas útiles con adolescentes", charla coa que se pechará o ciclo.

O Concello da Guarda quere convidar a todos os pais e nais, educadores/as, avoas/ós e a todos aqueles veciños e veciñas interesados na educación a participar nestas charlas e axudar a crear un espazo enriquecedor no que falar e contar experiencias propias.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones