Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CICLO LGTBI: QUEDA MOITO POR FACER A HOMOFOBIA, A VERDADEIRA ENFERMIDADE

As XSG - A Guarda buscamos abrir na sociedade guardesa temas tabú ás veces agochados no noso día a día como son a transexualidade, a homofobia ou a discriminación laboral, ainda presentes no noso pais para o colectivo LGTBI

As XSG - A Guarda buscamos abrir na sociedade guardesa temas tabú ás veces agochados no noso día a día como son a transexualidade, a homofobia ou a discriminación laboral, ainda presentes no noso pais para o colectivo LGTBI

Fecha: 02 de Diciembre de 2015

Fuente: XSG - A Guarda

As Xuventudes Socialistas da Guarda continuaron o pasado sábado o ciclo de charlas sobre o Colectivo LGTBI: "Queda moito por facer" no Centro Cultural da Guarda.

Esta segunda entrega tivo lugar nunha das salas do Centro Cutural da Guarda e versou sobre as ferramentas para vencer a homofobia ainda presente na nosa sociedade. No acto, aberto ao público, participaron, Estela Fernández, experta en igualdade e que xa participou na primeira charla, que contextualizou o tema a tratar, a homofobia, nas súas distintas manifestacións e de como "a educación debe ser a principal inversión para o futuro".

En segundo lugar Carmen Gallego, unha das impulsoras da primeira lei contra a discriminación LGTBI en España como parlamentaria do PSdG-PSOE, explicou a gran importancia de algúns aspectos desta lei aprobada en 2014 no Parlamento de Galicia que non están sendo aplicados na actualidade para mellorar a visibilización do colectivo, como poden ser os escasos recursos para a educación en diversidade ou as distintas campañas nas que sempre esquecen que xa non só existen parellas e familias heterosexuais. Tamén explicou que "toca agora rematar o traballo comezado fai dez anos, agora toca acadar a total igualdade sexual, ainda que os conservadores sigan poñendo trabas."

Os obxectivos deste ciclo son, en primeiro lugar a visibilización do colectivo LGTBI como colectivo ainda discriminado na nosa sociedade; a concienciación, por medio da participación activa do público nestes coloquios, para chegar a cada vez máis xente para a loita pola igualdade real, e en terceiro lugar, a conmemoración dos 10 anos dende a aprobación da Ley do Matrimonio Igualitario, polo goberno de X.L. Rodríguez Zapatero.

"As XSG - A Guarda buscamos abrir na sociedade guardesa temas tabú ás veces agochados no noso día a día como son a transexualidade, a homofobia ou a discriminación laboral, ainda presentes no noso pais para o colectivo LGTBI; tamén mostrar ferramentas para axudar a eliminar todolos estereotipos creados por décadas de rancio conservadurismo que ainda impregnan a nosa sociedade. Agradecemos a participación de todos e todas e esperamos a vosa presenza na próxima charla que versará sobre a educación en diversidade", así pechou o acto o Coord. LGTBI das XSG-A Guarda, Iván Rodríguez, agradecendo a súa presenza ós presentes, entre os que se encontraban distintos membros das agrupacións socialistas do Baixo Miño e membros da executiva galega das XSG.

Tamén durante a tarde do sábado as XSG-A Guarda realizaron un reparto de información porta a porta sobre os proxectos socialistas levados a cabo nestes meses de novos gobrnos autonómicos co Candidato o Senado pola provincia de Pontevedra, Abel Losada. xunto con Bárbara Domínguez, Secr. Xeral das XSG-A Guarda, Aitor Bouza, Secr. Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia e Silvia Neira, Coord. Provincial das XSG, asi como membros da executiva local dos Socialistas da Guarda e Oia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones