Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CLAUSURA DO CURSO -SEMENTA O TEU FUTURO: DINAMIZACIÓN DE EMPREGO- E PRESENTACIÓN DE NOVOS PROXECTOS

A valoración final de todo as persoas que formaron parte deste curso, tanto alumnos coma mestres, organizado pola OMIX do Concello da Guarda, é moi positiva.

A valoración final de todo as persoas que formaron parte deste curso, tanto alumnos coma mestres, organizado pola OMIX do Concello da Guarda, é moi positiva.

Fecha: 14 de Julio de 2015

Fuente: www.aguarda.es

"As miñas expectativas eran altas, é a verdade é que se superaron". Con esta frase, Estela Fernández, unha das alumnas do curso "Sementa o teu futuro: dinamización de emprego" resumía o que para ela fora este mes de formación.

A valoración final de todo as persoas que formaron parte deste curso, tanto alumnos coma mestres, organizado pola OMIX do Concello da Guarda, é moi positiva. O obxectivo marcado para esta formación era mostrar e ensinar ó alumnado novas maneiras de buscar traballo, quitarlle os medos ás posibles negativas e apoialos na creación dun novo proxecto, finalidades que se cumpriron notablemente.

"Para min o máis útil e positivo foi a maneira na que me axudaron a quitar o medo que eu tiña a mandar o meu currículo, por exemplo, a un gran medio de comunicación", afirma Bárbara Domínguez, de 23 anos licenciada en políticas e estudante dun ciclo de Turismo e Hostalería. "O que máis me gustou do curso é que foi unha actividade enfocada individualmente. O reforzo persoal que nos deron foi moi positivo e entendo que a todos nos servirá para o noso futuro", conta Pablo Martínez, de 43 años, en paro e con estudos de electricidade.

Continuidade nun futuro
O Concelleiro de Formación e Emprego, Javier Crespo, visitou ós alumnos o penúltimo día de clase para, ademais de clausurar a formación dunha maneira formal comunicarlle boas novas. Crespo, quen se mostrou moi contento polas valoración cara o curso, afirmou que o que se busca dende o Concello é que esta formación teña unha continuidade. "O que buscamos é tratar de formarvos, de sementar o voso futuro e continuar axudando para que podades concretar proxectos", díxolles o Concelleiro.
Todas estas metas, concretou, se lograrán coa segunda fase deste proxecto. "A idea que temos é que en setembro se lle de unha continuidade ó curso. Que podamos facer outra formación de máis duración onde se fagan titorías individuais e de onde se poidan sacar proxectos e se materialicen", afirmou Crespo.

O xerme desta nova iniciativa está no grupo de persoas que formaron parte deste primeiro curso e que serán, se eles queren, alumnos do segundo. Nesta continuidade, na que contarán cos mesmos profesores que xa coñecen os seus perfís e inquedanzas, o que se busca de novo é fomentar o emprego e a inserción laboral.

"Todo isto é moi positivo. Coñecer xente e as novas formas de buscar emprego sempre axuda", contaba Elia Alonso, de 50 anos en paro, tras coñecer a noticia da continuidade do curso.

María Placer Pousa, tamén alumna en paro, e de 53 anos, afirma estar contenta mais un pouco reticente a montar un novo negocio. "Dinos que hai moitos pros pero penso que deberían falarnos máis dos contras", conta Pousa.

A maioría das persoas que formaron parte deste primeiro proxecto de dinamización para o emprego afirman estar ilusionados coa segunda fase, unha nova iniciativa moito máis individualizada que o que buscará será axudar nas dúbidas concretas de cada alumno ou alumna.

"Eu xa me levo moitísimas cousas deste curso, formación que teño que madurar en casa e sacarlle todo o xugo que ten", dicía Estela Fernández. E continuaba, "falando co resto de compañeiros cremos que este segundo proxecto será moi positivo para todos nós, despois do verán e despois de madurar as nosas ideas voltaremos con máis ganas".

O Concelleiro de Emprego e Formación afirmou que, a pesar de que aínda quedan cousas sen rematar, o xerme do novo proxecto está e que "as ganas" tamén.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones