Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Comeza a obra da nova Escola Infantil do concello da Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quere mostrar a súa satisfacción polo comezo desta obra tan esperada e demandada que permitirá duplicar as prazas de atención a infancia de 0-3 anos na localidade.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quere mostrar a súa satisfacción polo comezo desta obra tan esperada e demandada que permitirá duplicar as prazas de atención a infancia de 0-3 anos na localidade.

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Febrero de 2021

Fuente: Concello da Guarda

A vindeira semana inícianse as obras da nova Escola Infantil do concello da Guarda, que terá o seu emprazamento nas antigas vivendas de mestres e no comedor do antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde.

A nova escola contará con 41 prazas distribuídas en tres unidades. O proxecto contempla a conservación de parte da fachada do edificio actual, na planta baixa localizarase a escola infantil cun patio para goce exclusivo dos usuarios. Na zona de acceso ao edificio haberá dúas plantas, a superior estará destinada a usos auxiliares

O obra adxudicouse a empresa Construcciones Ramírez S.L. por 691.746,99 € dos cales a Xunta de Galicia achega 410.000 € (59.3%) financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e o concello da Guarda achega os restantes 281.746,99 € (40.7%). Para que esta actuación fora posible, ademais de anos de xestións e da importante contribución económica, o concello tivo que facerse cargo da redacción do proxecto e da dirección de obra.

O prazo para a execución da obra é de 14 meses, o remate da edificación está previsto para o primeiro semestre de 2022. A Xunta farase cargo da contratación e custo do equipamento necesario para poñer en funcionamento a escola, así como da súa xestión a través da rede de escolas infantís Galiña Azul.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quere mostrar a súa satisfacción polo comezo desta obra tan esperada e demandada que permitirá duplicar as prazas de atención a infancia de 0-3 anos na localidade. “A previsión é a de eliminar as listas de agarda e dar servizo a todas as familias que o necesiten. Esta actuación permitirá avanzar na conciliación da vida familiar e laboral e mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños, sobre todo da xente máis nova. A súa vez forma parte das políticas de loita contra a crise demográfica que pretenden frear a diminución de poboación na localidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones