Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

COMEZAN AS BARRIOFERENCIAS NAS QUE SE PORÁ EN VALOR O PATRIMONIO DA GUARDA

A primeira cita é o venres 17 de abril ás 20,30 horas na Asociación -O Percamino- na Gándara

Como nas citas anteriores espérase que esta actividade sexa de novo un éxito no lugares onde se realicen, estean repletos de xente con ganas de coñecer un pouco máis da vila onde vivimos.

Fecha: 11 de Abril de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O Concello da Guarda organiza unha vez máis un ciclo de charlas que intentarán por de manifesto o patrimonio desta vila que se celebrarán os venres e os sábados. Nesta ocasión, a actividade, que leva o nome de "Barrioferencias", ten o obxectivo dar a coñecer ós veciños da Guarda diferentes puntos da localidade máis descoñecidos.

A primeira cita está organizada para o próximo venres 17 de abril a partir das 20,30 horas. O lugar de reunión será a Asociación "O Percamino" na Gándara onde os convidados, Victoriano Rodríguez, Praxíteles González e José Álvarez Alonso "Buraco", explicarán e falarán sobe "Os Telleiros de Salcidos". As seguintes datas serán o sábado 25 de abril, o nove de maio e por último o venres 29 deste mesmo mes, sendo todas no mesmo horario que a primeira. Nestas barrioferencias os temas a tratar serán "O Convento das beneditinas", na que participará Joaquín Miguel Villa Álvarez, "O Coto de Camposancos", na que estarán presentes tanto Antonio Rodríguez Portela coma Manuel Ángel Álvarez Pérez, e "O Contrabando no Esteiro do Miño", da man de Praxíteles González.


Esta actividade da continuidade ás charlas divulgativas denominadas "Barferencias" que se levaron a cabo no 2012 e 2013 para conmemorar o Centenario da Sociedade ProMonte e as ofrecidas no ano posterior nas que se poñía en valor o Castelo de Santa Cruz, coincidindo coas datas da súa reapertura.

Como nas citas anteriores espérase que esta actividade sexa de novo un éxito no lugares onde se realicen, estean repletos de xente con ganas de coñecer un pouco máis da vila onde vivimos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones