Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Comunicado da Confederación Intersindical Galega sobre a situación na factoria guardesa de IKF

Por parte da CIG, estaremos sempre na defensa dos postos de traballo de IKF así como na mellora das condicións laborais e unha vez máis chamamos a empresa a que poña, lugar, dia e hora para solucionar o conflito canto antes.

Por parte da CIG, estaremos sempre na defensa dos postos de traballo de IKF así como na mellora das condicións laborais e unha vez máis chamamos a empresa a que poña, lugar, dia e hora para solucionar o conflito canto antes.

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Septiembre de 2021

Fuente: CIG

A Confederación Intersindical Galega (CIG), por medio da presente, despois da publicación feita por CCOO Industria en Infomiño o dia 28.09.2021, ven a manifestar o seguinte:


A finais do ano pasado, celebráronse as eleccións sindicais no centro de traballo de IKF, mais coñecida por As Cachadas. Nesas eleccións deuse un resultado de 3 delegados para a CIG no colexio de Especialistas e 1 para CCOO e no de Técnicos 1 para a CIG. Cabe manifestar que no colexio de técnicos presentábase o “ líder sindical de CCOO na planta de IKF, na que tan só tivo 3 votos fronte aos 9 da CIG.


Con respecto ao acordo que asinou o anterior comité de empresa, diante do AGA, manifestar que ese papel do pacto, NUNCA estivo exposto no taboleiro, tal e como manifestan os traballadores e traballadoras.


De tódolos xeitos nese documento de pacto que non fora entregado co resto da documentación, manifestase que todos as persoas que se incorporaran a partires do ano 2018, percibirían o salario do convenio estatal, e os anteriores a 2018 cobrarían o salario pacto convenio IKF. Tamén se manifesta que sería revisado anualmente en base a uns criterios económicos, seguridade etc. Cumpre resaltar que pasaron 4 anos e non se revisou nunca.


Nos 18 anos que CCOO tivo a maioría no comité , nin sequera, tiñan un Regulamento do Comité de empresa, e xuntábanse cando lle apetecía ao gran xefe sindical, e cabe sinalar que ACTUALMENTE ESA PERSOA E O SEGUNDO DA DIRECCIÓN, e man dereita do Director de Planta, pasando da categoría de PEÓN a TECNICO, descoñecendo os compañeiros e compañeiras como chegou a ascender a tal posto de dirección.


Resulta vergoñento a animadversión de CCOO contra os traballadores e traballadoras que manteñen unha folga de máis dun mes cando ademais o seu único delegado , está a traballar, sendo ademais o Presidente do Comité Europeo de IKF. Está é a defensa que fai CCOO dos traballadores e traballadoras?.


Que busca CCOO para saír no medio dunha folga aos medios de comunicación non para apoiala senón para tratar de boicoteala?


E curioso que tanto CCOO coma a dirección da empresa coincidan que para negociar se teña que desconvocar a folga. Ten tan esquecido CCOO que a folga é a ferramenta da que dispoñen os traballadores para presionar as patronais?. Negociase con presión non entregándose nos brazos da patronal que parece ser o que pretende CCOO.


Como nos explican que o “líder de CC.OO” nese centro de traballo estando a plantilla en situación de folga indefinida dende o 14 de xullo ate o dia 29.07.2021, estea dado de alta dende o 24.07.2021. Como se atreve CCOO a criticar as actuacións dos demais cando eles actúan como auténticos esquirois?.


Nos seguimos defendendo que a dobre escala salarial non se debería aplicar, e tratamos en todo momento de achegar posturas coa empresa, pero a empresa agárrase ao pacto anterior e unha vez amarrou esas condicións de traballo, non están dispostos a conceder algo que cada ano que pasa , supón mais beneficios para a patronal.


Cando se fala de dobre escala salarial estamos falando que traballador@s que facendo o mesmo traballo teñen unha diferenza salarial anual de 5.200 €.. Iso foi o que asinou o anterior comité e que manifestaron en asemblea que sería revisado anualmente e non se fixo.


Tamén existen diferenzas a hora de pechar o pacto como é as vacacións que queren que sexan desfrutadas cando lle pete a empresa, a flexibilidade da xornada para que se traballe os sábados a tarde, baixas de IT, incrementos salariais, que só se limitan ao convenio estatal e categorías profesionais, que despois dunha vida traballando na empresa non pasan de peóns.


Na mesa de negociación en prol de chegar aos acordos necesarios, chegamos a propor unha dobre escala salarial a 3 anos, para que o comezar o 4º ano se integrara no salario pacto de IKF, e ao máximo que chegou a empresa a propor e de 8 anos, condicionado a indicadores de seguridade, calidade, produtividade e dispoñibilidade, algo que evidentemente convertería ese pacto “ sinedie”, algo que pola nosa parte non imos consentir.


O Comité de Folga, fai uns dias enviou por email a Dirección de IKF en Francia un escrito onde manifestaban a situación que esta acontecendo na negociación , para que a Dirección Central en Francia coñeza a versión dos representantes d@s traballador@s.


Dende a CIG, estivemos e estamos na mesa de negociación para mudar e mellorar as condicións de todos e todas as traballadoras e traballadores,. Dende logo non vamos vendelos tal e como se fixo en pactos anteriores.


Así pois, non imos consentir que se poña en dúbida as actuacións da CIG, máxime dende unha opción sindical que a dia de hoxe aínda non tivo a “delicadeza” de presentarse diante dos traballadores e traballadoras durante todo este tempo de folga , para mostrarlle a súa solidariedade.


Sen mais manifestar que por parte da CIG, estaremos sempre na defensa dos postos de traballo de IKF así como na mellora das condicións laborais e unha vez máis chamamos a empresa a que poña, lugar, dia e hora para solucionar o conflito canto antes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí