Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Comunicado da Corporación Municipal da Guarda en relación ao Centro de Saúde

Dada esta situación, a corporación municipal esixe, á Consellería de Sanidade, unha solución urxente ao problema de atención aos enfermos que se está a producir no centro de saúde guardés.

Dada esta situación, a corporación municipal esixe, á Consellería de Sanidade, unha solución urxente ao problema de atención aos enfermos que se está a producir no centro de saúde guardés.

Fecha: 12 de Diciembre de 2019

Fuente: Concello da Guarda

Os portavoces dos grupos municipais do concello da Guarda, en representación da corporación municipal reuníronse este martes día 10 decembro para valorar a situación pola que está pasando o centro de saúde da localidade.

Na xuntanza acordaron trasladar, a opinión pública e aos responsables do SERGAS, a preocupación pola deficiente atención que se está prestando aos veciños e veciñas motivada, principalmente, pola falla de cobertura das prazas vacantes que se producen por vacacións, baixas e permisos. A vez queren mostrar o seu apoio aos profesionais que veñen sufrindo unha sobrecarga de traballo pola falta de previsión na cobertura destas vacantes.

O servizo de saúde pública na Guarda ven acarrexando deficiencias dende fai tempo que se están agravando nas últimas datas. Estes problemas fan que o servizo sexa máis precario aínda polo illamento que sofre A Guarda. Hai que lembrar que se tarda case unha hora en chegar ao hospital de referencia en Vigo, debido, sobre todo, a mala comunicación por estrada entre A Guarda e Tui.

Hai que recordar tamén que no mes de xullo as alcaldesas e alcaldes do Baixo Miño xa solicitaron unha xuntanza co conselleiro para tratar os problemas sanitarios da comarca. A principal reivindicación naquela ocasión, por parte do concello da Guarda, era o reforzo do equipo médico do PAC de urxencias guardés, que atende, ademais da propia localidade, os concellos de Oia e O Rosal. Esta solicitude viña a sumarse, entre outras, a que se fixo dende o concello en maio do 2018, abalada por 2500 sinaturas de veciños e veciñas das tres localidades.

Dada esta situación, a corporación municipal esixe, á Consellería de Sanidade, unha solución urxente ao problema de atención aos enfermos que se está a producir no centro de saúde guardés.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí