Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Comunicado do Equipo de Goberno da Guarda en relación ao proxecto Fogares Sanxe

Nesta reunión os responsables muinicipais trasladaron a San Xerome -o apoio e o seu compromiso para impulsar as actuacións necesarias para sacar adiante o proxecto Fogares Sanxe-

Nesta reunión os responsables muinicipais trasladaron a San Xerome -o apoio e o seu compromiso para impulsar as actuacións necesarias para sacar adiante o proxecto Fogares Sanxe-

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Mayo de 2023

Fuente: Concello da Guarda

En relación a recente publicación dun comunicado sobre Fogares Sanxe, na que se falaba da postura dos grupos políticos da corporación respecto a este proxecto. Pero que na que non se aclaraba a postura do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a pesar de estar presente na reunión a que se fai referencia no comunicado. Dende o goberno municipal guardés queremos aclarar a nosa postura.

O pasado 4 de maio unha representación de San Xerome mantivo unha reunión cunha representación do equipo de goberno da Guarda, representado polo alcalde, Antonio Lomba e a tenente de alcalde, Monserrat Magallanes. Unha máis das moitas que se veñen mantendo entre San Xerome e o concello polo proxecto Fogares Sanxe.

Nesta reunión os responsables muinicipais trasladaron a San Xerome “o apoio e o seu compromiso para impulsar as actuacións necesarias para sacar adiante o proxecto Fogares Sanxe” como xa fixeran en reunións anteriores. Incluso instaron a asociación a axilizar a preparación de documentos para axilizar os trámites administrativos do proxecto. Nesta reunión Montse Magallanes trasladou que a postura do goberno local era coincidente coa postura do grupo municipal socialista.

O alcalde da Guarda volveu a reiterar “o apoio e o seu compromiso para impulsar as actuacións necesarias para sacar adiante o proxecto Fogares Sanxe”, na reunión mantida coa representación das familias de San Xerome e Fogares Sanxe o pasado mércores 10 de maio.

O alcalde manifestou na mesma reunión que o apoio a este proxecto ven dado porque considera que “O proxecto Fogares Sanxe é un proxecto de moito interés para o concello e para os veciños e veciñas da Guarda”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí