Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Comunicado dos Concellos da Guarda e O Rosal en relación ao conflito laboral que se está a producir na empresa IKF España S.A. (antiga fábrica das Cachadas)

Os responsables municipais dos dous concellos, A Guarda e O Rosal, lamentan esta situación

Os responsables municipais dos dous concellos, A Guarda e O Rosal, lamentan esta situación

Fecha: 04 de Abril de 2018

Fuente: Comunicado público

As corporacións municipais dos Concellos da Guarda e O Rosal queren manifestar, a instancia dos traballadores, o seu total apoio ao centro de traballo que IKF España S.A. ten no municipio da Guarda, na antiga fábrica das Cachadas.

Para os gobernos municipais é motivo de preocupación o conflito laboral que manteñen na actualidade os traballadores e a dirección da empresa. Hai que recordar que este centro de traballo ven empregando a moitos veciños da Guarda e do Rosal dende fai máis de 100 anos, sendo un importante centro de emprego e sustento para moitas familias da comarca dende comezos do século XX ata o día de hoxe.

Os responsables municipais dos dous concellos, A Guarda e O Rosal, lamentan esta situación, xa que os acordos baseados no diálogo e a comunicación benefician a ambas partes; acordos que fixeron que esta empresa da comarca fora o pulmón de moitas familias.

As Cachadas, dende o punto de vista social e económico, é importante para unha comarcacomo a nosa, que non destaca precisamente pola súa actividade industrial.

Dende os Concellos da Guarda e do Rosal solicitamos a mediación da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para que facilite chegar a un entendemento entre as partes. Instamos, en definitiva, a que empresa e traballadores cheguen a un punto de encontro que garanta o futuro do centro de traballo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones