Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Concello e Deputación presentan os estudos de trazado para o novo acceso ao Porto da Guarda

O estudo será enviado proximamente á Xunta para que os órganos autonómicos competentes na materia elaboren os informes sectoriais que correspondan.

O estudo será enviado proximamente á Xunta para que os órganos autonómicos competentes na materia elaboren os informes sectoriais que correspondan.

Fecha: 28 de Diciembre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Na mañá deste martes tivo lugar na Casa dos Alonso a presentación dos estudos de trazado do proxecto de construción do novo acceso ao Porto da Guarda. Presidiron o acto o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba; o enxeñeiro redactor do documento, Francisco Javier Zubía; o deputado provincial de Cooperación, David Regades; e o deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez.

O rexedor local quixo salientar, antes de dar comezo á presentación dos distintos trazados viables propostos, que este é o "primeiro paso en firme" cara a elaboración dun proxecto de execución que permita a construción dunha estrada que facilite o acceso do tráfico pesado ao Porto guardés.

Nesta liña, Antonio Lomba destacou a vinculación entre este novo proxecto e o plan de humanización da rúa Concepción Arenal, toda vez que o novo acceso sur ao Porto permitirá desconxestionar o centro da vila e que "os veciños e veciñas desfruten das rúas" e non sufran as consecuencias do paso do tráfico portuario polo casco urbano.

"Compre facer unha nova infraestrutura para que a Guarda teña un acceso digno", afirmou Uxío Benítez, que sinalou a necesidade de que a Xunta de Galicia se involucre no proxecto, toda vez que a zona portuaria é competencia da Administración autonómica.

David Regades destacou a importancia do proxecto, sinalando o de hoxe como "un día histórico" no que se da solución á unha problemática de longo percorrido na Guarda. Segundo explicou o deputado, a actuación da Deputación de Pontevedra neste proxecto é "unha excepción" que se leva a cabo a causa da "inacción da Xunta de Galicia". "Este é o único proxecto destas característica se fai dende a Deputación", aclarou Regades, que definiu a necesidade do novo acceso á zona portuaria como "unha débeda histórica coa Guarda".

O enxeñeiro presentou, deseguido, as tres propostas viables para realizar a nova estrada que permita o acceso do tráfico pesado á zona portuaria, con distintos enlaces entre a estrada PO-552 e o paseo marítimo da Guarda.

Dende o Concello da Guarda valórase como "máis interesante" a alternativa que inclúe unha vía paralela á PO-552 e ó paseo marítimo, con enlaces nas zonas de Santa Catalina e Fonte Quente (trazado laranxa na imaxe adxunta), pois esta non afectaría ao carácter humanizado do que goza o paseo na actualidade e permitiría a expansión urbana cara esa zona.

O orzamento medio total acadaría, de forma aproximada e segundo se establece nos estudos de trazado, os 2.700.000€, un custe que se agarda sexa asumido conxuntamente polo Concello da Guarda, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

O estudo será enviado proximamente á Xunta para que os órganos autonómicos competentes na materia elaboren os informes sectoriais que correspondan. A partir deses informes, decidirase cal é o trazado que se deberá acometer e elaborarase o proxecto de execución. O proceso, que pode prolongarse durante anos, será levado dende o Concello coa "maior celeridade posible", agardando ter listo o proxecto de execución durante o ano 2018.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones