Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Concerto de Clavecín de Joao Janeiro o venres 9 de setembro na Igrexa Parroquial da Guarda

O Ciclo de Música Antiga no Camiño Portugués -Un Camiño ben temperado-, trae á Guarda Joao Janeiro o venres 9 de setembro ás 20:00h na Igrexa Parroquial da Guarda.

O Ciclo de Música Antiga no Camiño Portugués -Un Camiño ben temperado-, trae á Guarda Joao Janeiro o venres 9 de setembro ás 20:00h na Igrexa Parroquial da Guarda.

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

“Un camiño ben temperado” é un ciclo de cinco concertos de artistas das dúas marxes do Miño que busca poñer en valor este pasado musical común, así como a súa proxección internacional, tomando como referencia o traballo da ESMAE da cidade do Porto como centro artístico na actualidade, no que conflúen o patrimonio e a historia galega e portuguesa.

Este ciclo é unha aposta da Orquestra Clásica de Vigo que procura xerar un espazo de troco e posta en común arredor da interpretación historicamente informada do repertorio ibérico e as súas ligazóns co exterior.

 

Na Guarda, Joao Janeiro ofrecerá un concerto de Clavecín o venres día 9 de setembro ás 20:00h na Igrexa Parroquial da Guarda.

 

A música de tecla na Península Ibérica do Renacemento ao Barroco tardío estivo marcada por dúas correntes de composicio?n: a asimilacio?n de influencias externas, e a estruturación dunha tradición intimamente ligada coas características diferenciadoras dos instrumentos de tecla aquí construídos e/ou utilizados. Neste aspecto, a franxa máis occidental da península, quizais por se situar no extremo de Europa, e padecer dunha especie de síndrome das periferias, foi a que máis apertura sempre amosou cara á diversidade de influencias ou se esixiu a si mesma precisamente iso, co fi n de asemellarse  máis aos centros europeos de desenvolvemento artístico.

 

Transmutações ibéricas procura reflectir algúns dos máis importantes procesos de asimilación, transformación e renovación da escrita para tecla na península ibérica desde

fi nais do século XV ata o primeiro cuarto do século XVIII.

Desde a incorporacio?n vocal da escola franco-flamenga catrocentista á expresio?n lusitana da infl uencia italiana do Barroco do setecentos, pasando pola música de danza de raíz tradicional, o estilo improvisado, ata a tradución en  tecla dunha linguaxe eminentemente orquestral. O programa do recital constrúese así nun diálogo entre influencias e a súa transmutacio?n ibérica, artellando orixes e idiosincrasias que acabaron constituíndose.

 

Coa diversidade que sempre caracterizou estes repertorios,  a música de tecla da Península Ibérica chegou a ser unha  das tradicións europeas máis singulares e fascinantes do Renacemento ao Barroco tardío.

 

PROGRAMA

— Portigaler (Buxheimer Orgelbuch), anómino (século XV)

— Tento sobre ‘Con que la lavaré’, de Antonio Carreira (c. 1589)

— Diferenzas sobre a Gallarda Milanesa, de Antonio de  Cabezón (1510-1566)

— Toccata Primo Tuono, de Tarquino Merula (1595-1665)

— Xácaras del 1.o Tono, de Juan Cabanilles (1644-1712)

— Toccata col Scherzo del Cucco, de Bernardo Pasquini (1637-1710)

— Recercata Ottava, de Diego Ortiz (1510-1570)

— Terceiro Tento do 1.o Tom, Manuel Rodrigues Coelho (c.1570-c.1635)

— Ballo di Mantova, de Gaetano Greco (1657-1728)

— Sonata en Sol menor K. 49, de Carlos Seixas (1704-1742)

 

Proxecto subvencionado no programa “O teu Xacobeo”

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí