Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Conchi Ortega, do PP da Guarda, forma parte da candidatura de Pontevedra ao Congreso

Xunto aos candidatos ao Congreso e ao Senado, Cristina Pérez e Santiago Rodríguez Davila, realizaron esta tarde un paseo polo centro do pobo.

Xunto aos candidatos ao Congreso e ao Senado, Cristina Pérez e Santiago Rodríguez Davila, realizaron esta tarde un paseo polo centro do pobo.

Fecha: 08 de Noviembre de 2019

Fuente: PP da Guarda

Conchi Ortega, ex voceira do Partido Popular da Guarda que forma parte da candidatura que os populares presentan ao Congreso este domingo, destaca o carácter municipalista da candidatura popular ás Cortes Xerais, con María Ramallo como número 1, e integrada por persoas que coñecen ben o que é a política de proximidade, a de xestionar e resolver os problemas dos veciños.

Foi esta tarde, durante un paseo que deu polo centro do pobo acompañada polos tamén candidatos ao Congreso e ao Senado, Cristina Pérez e Santiago Rodríguez Davila, e no que Ortega reiterou o seu compromiso a seguir traballando por A Guarda e o Baixo Miño.

"O domingo temos a oportunidade de desbloquear de unha vez por todas esta situación, saír da parálise e permitir que en España haxa un goberno serio, responsable, un goberno do Partido Popular que traballe desde o minuto un pensando nas necesidades do país e non de acordo a intereses exclusivamente partidistas", engadiu.

Para iso, os populares destacaron a importancia de unir o voto do centro dereita en torno ao Partido Popular. "Sabemos que houbo xente que antes votaba ao PP e que o 29 de abril votou outras opcións que non conseguiron escano", recordaron. En total, na provincia de Pontevedra houbo 90.000 votos que foron a partidos que non obterán representación o domingo, 80.000 votos no caso do Senado, e explicaron que "os votos que non se traducen en escanos favorecen a Pedro Sánchez, por iso hai que unir o voto en torno ao PP".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones