Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Conchi Ortega insta ao alcalde a posicionarse fronte ao intento de Vigo de gañar poboación a costa de concellos veciños

A voceira popular considera un -atentado contra a boa veciñanza- as -accións de castigo- de Abel Caballero contra os non residentes no cobro do aparcadoiro do Álvaro Cunqueiro e no transporte público

A voceira popular considera un -atentado contra a boa veciñanza- as -accións de castigo- de Abel Caballero contra os non residentes no cobro do aparcadoiro do Álvaro Cunqueiro e no transporte público

Fecha: 03 de Abril de 2018

Fuente: PP de A Guarda

O grupo do PP no Concello da Guardia a través da súa voceira municipal, Conchi Ortega ao alcalde socialista da localidade a posicionarse fronte ao intento do Concello de Vigo de gañar poboacion a costa de mermar as dos concellos veciños.

A voceira do PP considera "un atentado contra a tradicional e boa veciñanza existente entre os concellos do sur da provincia e a cidade olívica" as "accións de castigo que está a levar Abel Caballero contra aquelas persoas que non están empadroadas en Vigo á hora do cobro do aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro e no asunto do trasporte público".

Ortega asegura que se non se fai nada ao respecto, "estase favorecendo que con este tipo de accións os residentes na zona de influencia de Vigo acaben empadroándose na cidade olívica co conseguinte despoboamento dos seus concellos de orixe o que ven a demostrar unha actuación dos socialistas insolidaria e agresiva coa tradicional relación de boa veciñanza existente na zona".

A edil popular engade que "o prexuízo é enorme porque a perda de poboación leva aparellada unha importante redución na asignación económica que os concellos reciben dos fondos do Estado que, como todo o mundo sabe ten no censo de habitantes un dos factores determinantes da cuantía que se recibe por parte dos Concellos para que poidan manter a prestación dos servizos á cidadanía e mellorar a calidade de vida dos seus residentes".

Por outra banda, Conchi Ortega lembroulle ao alcalde da Guarda que o que pretende facer o seu homólogo de Vigo "é anticonstitucional porque que o artigo 14 da Constitución Española establece que os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. O artigo 150 do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais establece o principio de igualdade dos usuarios ante as tarifas dos servizos. E que o Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sinala no artigo 9.1 que "Non poderán recoñecerse outros beneficios fiscais nos tributos locais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos tratados internacionais." O artigo 24 no seu punto 4 fai referencia á posibilidade de ter en conta criterios xenéricos de capacidade económica para a determinación da contía da taxa. A fixación de tarifas distintas segundo estean ou non empadroados no municipio non é acorde co ordenamento xurídico precisamente por non traer causa da única admitida legalmente, que é a capacidade económica dos obrigados ao pago, o que a súa vez entra en contradición cos principios de igualdade e progresividade nos que se inspira o sistema tributario español (artigo 31.1 da Constitución Española)".

A PASS VIGO FRONTE Á TARXETA VERDE DE VITRASA

E con respecto ao problema xerado coa Tarxeta Verde de Vitrasa, "que moitos veciños do noso concello perderon o 31 de marzo ao pasar Vigo a restrinxir o seu uso aos empadroados na cidade olívica mediante a nova Pass Vigo, instamos ao Concello de Vigo a que cese na utilización do criterio de empadroamento como condición para poder desfrutar de tarifa bonificada no servizo de transporte colectivo urbano de viaxeiros ao ser este un criterio manifestamente contrario a dereito que vulnera o principio de igualdade establecido no artigo 14 da Constitución Española", indicou Ortega.

Ademais, continuou a voceira popular, "a nova Lei 2/2017 da Comunidade Autónoma de Galicia que regula o transporte público, establece claramente que os abonos, subvencións e/ou tarifas reducidas non poden ser concedidos e/ou denegados en base ao criterio discriminatorio de empadroamento ou procedencia xeográfica.
Ademais desta lei existen moitos outros fundamentos legais: O artigo 14 da Constitución Española establece que os españois son iguais ante a lei, sen que poda prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
O artigo 150 do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais establece o principio de igualdade dos usuarios ante as tarifas dos servizos, permitindo fixar tarifas reducidas ou bonificadas en beneficio de sectores persoais economicamente débiles. Pero este artigo, que resulta de plena aplicación ó contrato de concesión administrativa do transporte público urbano de Vigo asinado con Vitrasa o 8 de xuño de 1995, non permite empregar o criterio de empadroamento.

Se o prezo que se aboase polos usuarios do servizo tivese a natureza xurídica de taxa, o Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sinala no artigo 9.1 que "Non poderán recoñecerse outros beneficios fiscais nos tributos locais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos tratados internacionais." O artigo 24 no seu punto 4 fai referencia á posibilidade de ter en conta criterios xenéricos de capacidade económica para a determinación da contía da taxa. A fixación de tarifas distintas segundo estean ou non empadroados no municipio non é acorde co ordenamento xurídico precisamente por non traer causa da única admitida legalmente, que é a capacidade económica dos obrigados ao pago, o que a súa vez entra en contradición cos principios de igualdade e progresividade nos que se inspira o sistema tributario español (artigo 31.1 da Constitución Española)", concluiu Conchi Ortega.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones