Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CONCHI ORTEGA:- NON PODO APOIAR UNHA SUBIDA DE SOLDOS-

Non podo apoiar unha subida de soldos, cando eu dixen que, en caso de gobernar, baixaría dos 114.000 euros o teito de gasto dos salarios de alcalde e concelleiros con dedicación

Non podo apoiar unha subida de soldos, cando eu dixen que, en caso de gobernar, baixaría dos 114.000 euros o teito de gasto dos salarios de alcalde e concelleiros con dedicación

Fecha: 26 de Junio de 2015

Fuente: PP de A Guarda

Conchi Ortega explica a súa postura do pleno Extraorinario de hoxe, no tema dos soldos das dedicacións exclusivas e parciais do grupo de goberno de A Guarda.

A portavoz do Partido Popular dixo textualmente:
"Non podo votar a favor dunha subida de soldos, porque levamos anos de recortes nos soldos do funcionariado, e na empresa privada, e de recortes en todos os ámbitos.
Porque temos ainda 4.215.031 parados en España, dos cales 886 son guardeses, cobrando unha prestación por desemprego uns, un subsidio de 426 euros outros, e en moitos outros casos, nada de nada.

Non imos votar a favor, porque non nos parece o momento de subir os soldos do Grupo de Goberno, non nos parece ético nin moral, porque aínda que saímos da recesión económica estamos crecendo, aínda seguimos en crise.

Non podo apoiar unha subida de soldos, cando eu dixen que, en caso de gobernar, baixaría dos 114.000 euros o teito de gasto dos salarios de alcalde e concelleiros con dedicación, o cal favorecería nos orzamentos un incremento en asuntos sociais, e poderían comezar a acometerse as rebaixas fiscais que anunciei na campaña.

Pero que conste, os que se suben os soldos son os socialistas obreros, os da esquerda, e hai que recoñecer que os seus votantes voltaron a apoialos, con un concelleiro menos, si, pero ahí están. Dentro de catro anos, serán eles, os seus votantes, os que falarán de novo e pedirán contas por esa suba.

Aos socialistas de A Guarda dígolles que a Democracia os puxo no goberno local como lista mais votada, pero foron eles os que se propuseron eses soldos.

O resto dos grupos non sei, pero os Populares da Guarda imos estar permanentemente pendentes de que o que van gañar se corresponda co seu traballo. Na miña opinión, un soldo é pouco ou moito, dependendo do rendimento, coma ocurre na empresa privada.

Non obstante, non votamos que non, porque a Lei 27/3013, de 27 de decembro, de racionalización e sostibilidade da Administración Local lles ampara. Están por debaixo dos máximos permitidos e poderá gostarme ou non, pero a lei existe.

Non imos votar que non, porque queremos garantir a gobernabilidade e que comecen a traballar pola Guarda en serio, que nos chamen aos demáis grupos para consensuar os temas sociais, de turismo, de emprego, e todos os que realmente lles importan aos guardeses. Retrasar esto só suporía prexuízos para o pobo e novos plenos extraordinarios.

Sei que si estivese eu nesa bancada, aínda que propuxera a baixada, o PSOE non nos aprobarían os soldos, coma votaron en contra esta semana nos concellos veciños que Goberna o Partido Popular. Pero iso é o que nos diferencia, nos non nos abstemos polas siglas que gobernan, senon para que haxa gobernabilidade dentro da legalidade vixente en beneficio dos guardeses, iso ten que estar por riba das siglas, e poderían tomar exemplo en outros concellos que só importa votar contra a lista mais votada para que non gobernen".

Conchi Ortega manifestou que en todos os puntos do Pleno de hoxe, as propostas foron creadas polo Partido Socialista, e recalcou que nunca houbo ningún pacto nin ningunha proposta que fora dos Populares, nin siquera modificada por eles, como tratan algús de facer crer á cidadanía.

Conchi afirma que é consciente de que será criticada especialmente polos que só pensan neles mesmos frustados por as ambións políticas que non conqueriron, empregando a demagoxia e a descalificación coma únicos argumentos.

Ortega di que os que non teñen conciencia de servicio público, non teñen cabida nun concello, e iso vaise notar nesta lexislatura. Pide tempo para amosar que por enriba de todo están as cuestións importantes da Guarda, que no nos gustou tomar esta decisión pero hai prioridades urxentes na Guarda, como un plan de turismo, as obras de Concepcion Arenal, a continuidade do Servicio de Emerxencias (GES), como a coordinacíon de asuntos sociais, o plan xeral para acabar ca inseguridade xuridica do empresario e do particular, rematando con tanta indemnización que pagamos todos, e moitos outros asuntos que nos queremos consensuar para que saian adiante o máis rápidamente posible, non se pode perder un día.

Remata dicindo que os seus electores votaron un programa, por iso van a intentar consensar cada unha das súas propostas, que en definitiva, aportaron os guardeses.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones