Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CONCHI ORTEGA: NON TIVEN NIN TEÑO NINGÚN PACTO CON OUTRAS FORZAS POLÍTICAS

Conchi Ortega quixo deixar claro que non tivo nin ten ningún pacto con outras forzas políticas

O Grupo Popular de A Guarda manifestou a súa vontade de que a forza mais votada gobernase en A Guarda

Fecha: 16 de Junio de 2015

Fuente: PP de A Guarda

No pleno Extraordinario do pasado 13 de xuño, o Grupo Popular de A Guarda manifestou a súa vontade de que a forza mais votada gobernase en A Guarda, aínda que anunciou que votarían polo seu ambicioso proxecto e polo o seu compacto equipo, como non podía ser de outra forma, xa que con el se presentaron ás eleccións do pasado 24 de maio.

Unha vez máis a portavoz Conchi Ortega quixo deixar claro que non tivo nin ten ningún pacto con outras forzas políticas. A vocación democrática e de servizo non lle permitiría acadar pactos para sacar do poder a forza máis votada, e repartirse cargos, como se fixeron en moitos concellos en Galicia e no resto do estado.

Tamén dixo que non porá pedras no camiño para que as propostas que os guardeses necesitan con urxencia poidan levarse a cabo, pero que dende a oposición como segunda forza mais votada, vai a exercer o seu papel de control do grupo do goberno, facendo ademáis unha oposición construtiva en beneficio dos guardeses.

Rematou a súa intervención dicindo que por riba de todo, só teñen dous obxectivos: os guardeses e A Garda.

Ortega quere facer público que nas conversas mantidas coa forza máis votada, manifestáralles que para os Populares de A Guarda eran prioritarios a promoción do turismo como motor económico de a Guarda a través dunha mesa de turismo onde participen os interesados do sector guardés, e os asuntos sociais, que tanto necesitan os guardeses neste tempo de crise que vivimos. Temas dos que está disposta a falar nesta lexislatura para chegar a acordos que melloren o benestar dos guardeses, ainda que hai outros tamén importantes coma os sectores económicos do comercio, a pesca e a industria, o PXOM, a continuidade do Grupo de Emerxencias supramunicipal, o deporte, a cultura etc.Tamén amosouse interesada pola situación do Padroato Monte Santa Trega. De todos estes asuntos se sentarán a falar sempre que se lles requira, e presentarán mocións coas súas propostas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones