Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Concluíu a campaña -Abril Mes do Libro- coa entrega de diplomas e agasallos aos participantes do -Certame de Microrrelatos-

Dende o Concello da Guarda agradecen a participación dos veciños e veciñas nas diferentes iniciativas e esperan que desfrutaran dun mes adicado ao libro e á promoción do hábito da lectura.

Dende o Concello da Guarda agradecen a participación dos veciños e veciñas nas diferentes iniciativas e esperan que desfrutaran dun mes adicado ao libro e á promoción do hábito da lectura.

Fecha: 26 de Abril de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Esta semana remata o mes de abril e, con el, tamén chega ao seu final a campaña "Abril Mes do Libro" impulsada pola Concellería de Cultura da Guarda para conmemorar o Día Internacional do Libro, que se celebrou o pasado día 23.

Con motivo destas celebracións, o Concello da Guarda adicoulle ao libro diversas actividades durante todo o mes, encadradas na campaña "Abril Mes do Libro". Así leváronse a cabo iniciativas como as dúas citas cos Contos Contados polo Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e polo propio Día do Libro. Tamén se proxectaron as películas "Al encuentro de Mr. Banks" e "Cenicienta", que tiñan ao mundo da literatura como protagonistas.

Durante a Semana Santa impulsouse a iniciativa "Mochilas viaxeiras de Semana Santa". E ademais celebrouse o "Certame de Microrrelatos", que estivo aberto á participación de toda a cidadanía. O venres 21 de abril, ás 18 horas no Centro Cultural, foi a entrega de diplomas e agasallos aos participantes e puido comprobarse o éxito e bo recibimento da proposta. Foron 57 as persoas que participaron e, entre eles había xente de tódalas idades, desde nenos e nenas pequenos, que participaron a través do profesorado; mozos e mozas de entre 13 e 19 anos, ata nais e pais pasando por xente de maior idade. Esta variedade tamén se viu nas temáticas das obras, que en xeral foron diversas e moi orixinais e que estarán expostas no Centro Cultural ata o 29 de abril.

Dende o Concello da Guarda agradecen a participación dos veciños e veciñas nas diferentes iniciativas e esperan que desfrutaran dun mes adicado ao libro e á promoción do hábito da lectura.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones