Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Contacontos e maxia nesta fin de semana na Guarda

Actividades programadas para esta fin de semana na Guarda

Actividades programadas para esta fin de semana na Guarda

Fecha: 19 de Octubre de 2019

Fuente: Concello da Guarda

A Guarda prepárase para unha nova fin de semana na que destacan a presentación do libro «Déixate de contos» e da editorial «Elefantes de Papel», unha sesión de «Contacontos ilustrado Mulleres Galegas» e o espectáculo de maxia «Do Maxín á Realidade».

VENRES 18
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza 4 actividades para conmemorar este ano o día da Biblioteca, que se celebra cada ano o 24 de outubro.
Na primeira actividade, programada para este venres día 18 de outubro ás 18:00h, na Biblioteca Pública Municipal da Guarda, celebramos este importante día con actividades de animación á lectura durante o mes de outubro co "Contacontos ilustrado Mulleres Galegas" a cargo de Polo Correo do Vento, dun xeito divertido e participativo contan a vida de mulleres galegas: Ángeles Alvariño, Maruja Mallo, Ernestina Otero, María Victoria Moreno e Ángela Ruiz. Un contacontos indicado para nenos e nenas a partir de 3 anos e enmarcado no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
Tamén na xornada deste venres ás 20:00h o Salón de actos do Centro Cultural da Guarda acolle a presentación do libro «Déixate de contos» da autoría de Berto Pirata, un libro que xa vai pola segunda edición, un libro tenro que afonda na relación entre un pai e os seus xemelgos a través de relatos onde os tres aprenderán de que vai realmente a vida.

Do mesmo xeito realizarase a presentación da Editorial «Elefantes de Papel», a cargo de María salinas e Berto Pirata, un proxecto comprometido que realizado con moita ilusión e que vén coa intención de facilitar a publicación a aquelas persoas que soñan con facelo.

SÁBADO 19
O Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda acolle este sábado ás 18:30h o espectáculo de maxia «Do Maxín á Realidade».

«Do Maxín á Realidade» é un espectáculo de maxia que nos leva a vivir unha experiencia única. A maxia é o fío condutor desta viaxe, que nos fai dubidar da realidade, das propias leis físicas que rexen o noso mundo,... entramos entón, da man do ilusionista, no mundo do maxín, onde todo, ou case todo é posible.

Espectáculo subvencionado a través do programa Pontegal da Deputación de Pontevedra e enmarcado nas actividades de lecer do I Encontro de Ecoturismo & Gastronomía do Río Minho» que se celebra na Guarda e Caminha do 17 ao 19 de outubro.

DOMINGO 20
O domingo a Igrexa Parroquial da Guarda acolle ás 18:00h o I Festival de Corais de Outono, no que participan a Coral Polifónica da Guarda, A Coral a Torre de Maside e a Coral do Clube da Terceira Idade da Guarda, organizado polo Clube da Terceira Idade e Pensionistas da Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones