Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Contacontos, flashmob e batucada serán os ingredientes do Samaín 2021 na Guarda

A programación, pensada para os mais pequenos precisará de inscrición previa no mail centrocultural@aguarda.es

A programación, pensada para os mais pequenos precisará de inscrición previa no mail centrocultural@aguarda.es

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Octubre de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda deseñou unha programación que encherá mañá e tarde do sábado 30 de outubro e que foi pensada para divertir aos mais pequenos da casa que son os que cada ano con mais ansia esperan esta data e tamén para animar as rúas da vila na tardiña da man dun  flashmob  (baile conxunto na Praza do Reló) e unha batucada que percorrerá as rúas da vila como broche final.

 

ACTIVIDADES BIBLIOTECA MUNICIPAL

 

As propostas relacionadas co Samaín comezarán dende o venres 29 na Biblioteca Municipal que se suma á celebración do Samaín a través de dúas iniciativas.

- A proposta “Facemos un trato?”, que obsequiará cun pequeno detalle a tódolos nenos que se acheguen durante o venres 29 e sábado 30 ata a Biblioteca e leven un libro en préstamo, a cambio iso si, de deixar un pequeno mensaxe na decoración de Samaín que decorará o espazo durante estes días.

- E na mañá do sábado 30 de outubro acollerá no Salón de Actos do Centro Cultural ás 12h. o Contacontos  “Contos para pasalo de medo”, un espectáculo de Carmen Domech (Títeres Cachirulo) pensado para rapazas e rapaces de 4 a 11 anos. As prazas para este evento son limitadas polo que é preciso anotarse a través do mail centrocultural@aguarda.es

 

FLASHMOB E BATUCADA 30 DE OUTUBRO

A tarde do 30 de outubro seguirá a programación de Samaín pensada para encher as rúas de cor e música. Ás 18:00 h. terá lugar na Praza do Reló un flashmob, aberto a todo aquel que se queira animar (previa inscrición) a facer una coreografía conxunta ambientada na temática terrorífica propia destes días. Esta actividade consistirá en practicar conxuntamente unha coreografía da man dunhas monitoras e tras un período de ensaio, facer entre todos os alí presentes un baile final. É preciso anotarse a través do enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es, asinar autorización no caso de menores e por suposto acudir disfrazado para a ocasión. Ao remate desta actuación, dará comezo unha batucada que percorrerá as rúas do centro da vila para ir entrando en ambiente do Samaín.

O Flashmob será retransmitido en directo a través da canle de Youtube municipal:

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí