Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Continúa a campaña de entrega do receitario na Praza de Abastos da Guarda

O Concello da Guarda aposta deste xeito pola dinamización da súa Praza de Abastos, un lugar clave para a compra de produto local, fresco e variado preto das casas dos guardeses e guardesas.

O Concello da Guarda aposta deste xeito pola dinamización da súa Praza de Abastos, un lugar clave para a compra de produto local, fresco e variado preto das casas dos guardeses e guardesas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Junio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Esta fin de semana, o venres 3 e o sábado 4 de xuño, continúa a ter lugar na Praza de Abastos da Guarda a Campaña de Entrega dun Receitario organizada dende o Concello da Guarda.

Trátase dunha iniciativa iniciada a semana pasada, o venres día 27, que durará ata o sábado 11 de xuño. Consiste en que todos os que merquen algún produto na Praza de Abastos recibirán dúas receitas cada fin de semana (unha o venres e outra o sábado) ata finalizar, o último día, un Receitario completo de 6 receitas para ser elaboradas con produto local e de tempada.

Esta campaña ven a complementar a iniciativa "Quere o teu mercado", impulsada dende a Deputación de Pontevedra para conmemorar o Día Internacional do Mercado celebrado o pasado sábado 28 de maio. Ese día, ademais de poder recoller unha das receitas que conforman o Receitario, aqueles que se achegaron á Praza de Abastos a mercar nun dos postos recibiron diversos agasallos como bolsas, globos, etc.

O Concello da Guarda aposta deste xeito pola dinamización da súa Praza de Abastos, un lugar clave para a compra de produto local, fresco e variado preto das casas dos guardeses e guardesas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones