Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CONTINÚA A RUTA GASTRONÓMICA ?TAPEARTE- EN DEZANOVE ESTABLECEMENTOS DA GUARDA

A ruta de pinchos Tapearte continúa ata este fin de semana nos dezanove bares e restaurantes da Guarda adheridos ó evento.

A ruta de pinchos Tapearte continúa ata este fin de semana nos dezanove bares e restaurantes da Guarda adheridos ó evento.

Fecha: 13 de Junio de 2015

Fuente: www.aguarda.es

A ruta de pinchos "Tapearte" continúa ata este fin de semana nos dezanove bares e restaurantes da Guarda adheridos ó evento. Nos locais que forman parte desta ruta gastronómica serven durante estes días unha gran variedade e moita calidade nos seus produtos.

Por dous euros, os comensais poden, por exemplo, probar unha brocheta na que se combina o peixe espada con tomate e outras verduras acompañado dunha salsa de cítricos, uns pementos de piquillo recheos de marisco ou unhas xudías con perdiz. Tamén poden saborear unha empanada de tortilla, uns saquiños recheos de carne ou uns chipiróns con arroz.

Nos primeiros días de "Tapearte" os hostaleiros afirman que a pesar de que lle custou "arrancar", agora son moitas as persoas que se interesan polas diferentes tapas que se ofrecen. Pola súa banda, os comensais, valoran a calidade de cada un dos pinchos e a delicada presentación dos mesmos.

Entre as persoas que se acheguen a probar as diferentes tapas se realizará un sorteo no que poderán gañar un fin de semana para dúas persoas no Parador de Tui, outra estancia no Hotel Molino da Guarda, e outra no Aparthotel Marouco, tamén da localidade guardesa.

Ata o domingo, día 14, todos aqueles que aínda non tiveran ocasión de probar as tapas, ou os que queiran repetir algún dos pratos, teñen tempo para saborear estas elaboracións. Tanto en horario de mañá, de 12 a 13,30, coma de tarde, de 19 a 21 horas, os locais ofrecen estas tapas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones