Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Continúa o debate sobre a situación das depuradoras no municipio de Oia

BNG e PP-CG coinciden na necesidade dunha solución, pero non

BNG e PP-CG coinciden na necesidade dunha solución, pero non

Fecha: 10 de Marzo de 2017

Fuente: BNG/PP-CG/PSOE de Oia

Dende fai anos, veciños de Viladesuso, no lugar de Porto senín, veñen denunciando os malos cheiros e deficiencias no funcionamento das depuradoras instaladas neste espazo do municipio de Oia.
 
Sobre esta problemática dende o BNG de Oia manifestaron: 
 
O BNG denuncia que o Partido Popular non ten vontade de dar solución á deficiente situación das depuradoras de Oia

Fronte a uns orzamentos do PP sen ambición nin proxecto de País, que consolidan os recortes e desigualdades, desde o BNG presentamos 350 emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza que aportan un xiro social, polo emprego de calidade e cun programa ambicioso de País que permita poñer fin ao espolio dos nosos recursos.

Das 350 emendas presentadas polo BNG 1 tiña que ver directamente co Concello de Oia ,onde se defendía e solicitaba unha partida orzamental para a mellora do servizo das SMA'S.

Con todo isto o Partido Popular cegouse pola soberbia de ter maoría, executando e gobernando sen pensar nas veciñas e nos veciños de Oia, votando en contra de esta e das 350 emendas presentadas no Parlamento Galego polo Bloque Nacionalista Galego .Foron 350 NONS que converteron o debate dos orzamentos , o debate máis importante do ano, nun trámite burocrático.O PP fixo unha emenda á totalidade á democracia negándose a dialogar e a provocar cambios que sexan útiles para mellorar a vida das persoas e facer progresar a Galiza.

Por outra banda, a rexedora de Oia, Cristina Correa, na actualidade ten a oportunidade, a través da partida orzamental que recibíu do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra ( 433.637,55€) a destinar unha parte importante para acomenter o traslado destas depuradoras, ou, construír unha nova mini EDAR, a pesar de que os problemas de malos cheiros derivan dun nulo mantemento por parte do Concello,e, foron instaladas na localización actual a petición do Concello.

Así mesmo cabe resaltar que as plantas das depuradoras foi financiada a través do proxecto Deputrans con fondos europeos que está a ser investigado polas autoridades europeas ante a falla de xustificación económica achegado polo goberno provincial cando gobernaba o mesmo partido político que agora goberna o concello de Oia, o Partido Popular.

Por tanto, desde o BNG de Oia agardamos que o grupo de Goberno xestione axeitadamente a partida do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, destinando unha parte deste orzamento para a mellora do servizo das depuradoras,e , a súa vez colabore e sexa transparente ante as autoridades europeas, pudendo incluso, presentar denuncia propia ante a Unión Europea para clarexar os feitos.

Sobre esta problemática dende o PP-CG de Oia manifestaron:

O conformismo dalgúns partidos políticos resulta verdadeiramente lamentable, e denota o pouco coñecemento que teñen sobre o Concello de Oia e as súas necesidades, e o pouco interese que teñen en solucionar os problemas dos nosos veciños e veciñas.


As Deputacións están para axudar aos concellos máis pequenos, como é o noso, polo que aparte da cantidade que corresponde a cada un por razón do territorio, da dispersión e da poboación, as deputacións sempre axudaron vía convenios a moitos deles, como fan outras institucións (por poñer un exemplo, no ano 2016, só Vigo recibiu 18 millóns de Deputación fora do Plan Concellos).


Do Plan Concellos 2017, a emprego van destinados 100.000 euros, a gasto corrente e débedas 65.000 euros, e o resto a obras e subministros. No ano 2016, grazas a estes fondos se puideron acometer obras tamén necesarias como a canalización de pluviais da Praza Centinela, a terminación do camiño da Calzada, o inventario de bens, a mellora e ampliación do parque infantil do Serrallo, tramos de saneamento e abastecemento, a escavación do terreo para o depósito de Chavella, subministro de sinais, papeleiras, postes de luz, marquesiñas, entre outros. Sen estes fondos, non se poderían ter acometidas estas obras tan necesarias.


Conformarnos co pouco que recibimos e esperar que se solucionen tódolos nosos problemas unicamente co Plan Concellos é ben triste e suporía un grande atraso para a mellora de moitos servizos básicos do noso municipio. Se todos aplicasen esta política, e tódalas institucións nos remitisen ao Plan Concellos, serían inviables moitos investimentos, como o do saneamento das Mariñas -cuxa inversión prevista pola Xunta de Galicia é de 300.000 euros-, o saneamento de Cardorrío, e o saneamento no tramo da PO-552 a altura de Pedornes, tamén financiadas pola Xunta de Galicia, e moitas outras; polo que confiamos que tódalas institucións se impliquen e colaboren en resolver estes problemas.


Non obstante, dende o Concello estamos traballando en mellorar o servizo das depuradoras, por iso, recentemente se lle deu prioridade e se solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para acometer melloras nas instalacións, e na última comisión de goberno do Concello, acordamos contratar o servizo de mantemento preventivo e correctivo a unha empresa externa.


Este equipo de goberno avanza e traballa dende o presente por mellorar o futuro de tódolos veciñ@s, aínda que siga habendo quen se emperre en vivir no pasado.

Sobre esta problemática dende o PSdG-PSOE de Oia manifestaron:


O grupo municipal do P.S.O.E de Oia desexa aclarar a todolos veciños a historia das depuradoras.
Cronolóxicamente o proxecto comeza cando o Sr Louzán, presidente da Deputación ata o 2015, e, o entón alcalde, Alejando Rodriguez, deciden instalar as mal chamadas depuradoras nas parroquias de Burgueira e Loureza, co fin de sanear a conca do Miño, dentro do proxecto chamado Deputrans cofinanciado pola U.E. cun orzamento total de 8.147.501.00€.
Ambos visionarios non tiveron en conta, a inexistencia de colectores de saneamento e nalguns casos, a falla de conexión a rede eléctrica . Ante isto deciden trasladar a sua ubicación para a Costa, disvirtuando desta maneira o fin para o que forón destinadas no proxecto.


Non rematan eiqui os problemas, senón que, osadamente, tres de elas as instalan en terreos calificados no seu momento como parque acuícola ( zona Ourelludas), unha para a parroquia de Pedornes e outras duas para depurar as augas da parroquia de Oia, e malinstalando as restantes en Porto Senin e no Porto de Mougás, sen os requeridos informes previos entre os cales o estudo de impacto medioambiental.


Para as duas depuradoras destinadas a parroquia de Oia encontramonos de novo que non se tiveron en conta a falla de potencia eléctrica e a carencia de tuberías, problema subsanado grazas o PLAN E de Zapatero cunha inversión de 600.000 €.


Intentar esquecer agora todolos problemas xerados por estas actuacions, indica claramente o desexo de tapar a incompetencia demostrada polo actual equipo de goberno, nestes últimos 15 meses, limitándose a Srta. Correa a votarlle a culpa a actual Deputación, por non sufragar os gastos da posible construcción dunha mini E.D.A.R.


Neste intre convendría recordarlle a Srta. Correa que, a actual Deputación, no ano 2016 invertiu 553.954€ no concello. Sendo, Oia, o concello que mais diñeiro percibiu por habitante de todo o Baixomiño, concrectamente 144.16€ por veciño.


No tempo de goberno do equipo "PP-CG" ( 15 meses), non se fixo ningunha xestión referente ás depuradoras ata hai 2 meses, data na que os veciños presentaron mais de 700 firmas esixindo a actuación urxente do concello para solucionar este problema . Según parece a Srta. Correa o descoñecia.


Intentar desviar a responsabilidade cara a Deputación, cando eles mesmos foron os causantes do problema, non fai mais que mostrar a falla de iniciativas do grupo de goberno, ou o que seria peor, o desexo de que non se fale da investigación emprendida pola U.E por falla de xustificación dos investimentos co diñeiro provinte dela.


Esta claro que a única política que a Srta. Correa segue, é a de " panem et circenses " ( pan e circo), facendo caso omiso das necesidades realmente prioritarias dos veciños.


No que si, estamos dacordo ca Srta. Correa é, en que ninguen quere que volte o pasado. Afortunadamente Oia tivo cinco meses de claridade e, desgraciadamente, volveu o oscurantismo, ca Srta. Correa tan ben representa.
 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones