Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Continúa o Nadal na Guarda cunha ampla programación de actividades

Dende o Concello da Guarda se convida a participar e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, dinamizará e chamará a atención dos nosos veciños e visitantes.

Dende o Concello da Guarda se convida a participar e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, dinamizará e chamará a atención dos nosos veciños e visitantes.

Fecha: 15 de Diciembre de 2018

Fuente: Concello da Guarda

O Nadal chegou á Guarda o pasado 5 de decembro co acendido da iluminación de Nadal e continúa cunha ampla e variada programación de actividades, entre as que destacan teatro, animación musical polas rúas, concertos de panxoliñas, obradoiros de decoración, chocolatadas, pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis. Ata o 6 de xaneiro, A Guarda vive a maxia do Nadal.

Tamén o pasado 5 de decembro publicouse na web municipal www.aguarda.es o vídeo do Obradoiro de Adornos de Nadal, neste vídeo, elaborado pola deseñadora e experta en escaparatismo Patricia Maquieira Franco, explicase como serán os adornos de Nadal que se realizarán nos obradoiros que terán lugar o xoves 13(en horario de 15:00 a 18:00h) e o sábado 15(de 16:30h a 18:30h) de decembro na Casa dos Alonsos.

Dende este mércores 11 asociacións e colectivos da vila encargáronse de engalanar diferentes espazos públicos da Guarda dentro da actividade "Decora o teu Nadal", unha proposta que xa tivo gran repercusión nos anos anteriores e que se repite este ano para retomar a maxia do Nadal nas prazas da vila, algo que está a espertar o interese dos transeuntes.

O Xoves 13 de decembro ás 20:00h a Casa dos Alonsos acolle un Concerto de Nadal do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, onde contarase coa actuación do Coro do Conservatorio, unha nova proposta que xurde este ano contando coa participación dos alumnos do Conservatorio e que será o seu concerto de presentación.


O Venres 14 de decembro a Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle a Bebeteca de Nadal, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos de idade que terá lugar ás 18:00h. Rebeca González, mestra de Educación Infantil do CEIP As Solanas e coordinadora de Bibliosolanas contará o conto "Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis". Ao remate, cada neno o nena que asista levará un conto en préstamo da Bebeteca a súa casa durante o Nadal. Os nenos e nenas que asistan e aínda non teñan a tarxeta de préstamo da Biblioteca, poden levar unha folla de inscrición para obtela.
A Bebeteca é unha sección de libriños especialmente pensados para que as familias podan iniciar na lectura aos bebés. Libros con imaxes, texturas, formas, sons e títeres de dedo. Idade: 0 -3 anos e 3 -6 anos.

O Sábado 15 de decembro será o día no que se inscribirán todos aqueles nenos e nenas que desexen participar na Cabalgata de Reis. Para inscribirse é preciso que cada neno ou nena vaia ao Centro Cultural dende as 10:00h acompañado sempre dun adulto(1 por neno/a). Os participantes deberán de ter, mínimo 8 anos de idade e cumprimentar a solicitude por parte dos pais ou titores legais, as follas de inscrición e as bases reguladoras estarán a disposición nos días previos no Centro Cultural e no Concello da Guarda.

Tamén o Sábado 15 celebrarase o Festival Solidario a favor da Fundación Las Samaritanas da Guarda a partires das 20:00h no Centro Cultural. Nesta edición contarase coas actuacións do Grupo de Baile Xamaraina, o Grupo de Baile Studio 88, O Grupo de Gaitas A Boalleira, o Grupo de Baile Do-Majó e o grupo de Acordeóns Argonat Band. Unha oportunidade para colaborar nunha boa causa.

Dende o Concello da Guarda se convida a participar e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, dinamizará e chamará a atención dos nosos veciños e visitantes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones