Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CONVERXENCIA GALEGA DE OIA APOIA O CAMBIO DE GOBERNO EN OIA

Tal e como temos manifestado nos medios e a todalas persoas que nos preguntan, o apoio o cambio de goberno é na búsqueda dunha alternativa de mellora e de avance para Oia

Tal e como temos manifestado nos medios e a todalas persoas que nos preguntan, o apoio o cambio de goberno é na búsqueda dunha alternativa de mellora e de avance para Oia

Fecha: 09 de Noviembre de 2015

Fuente: Converxencia Galega Oia

Despois de ver as últimas declaracións nos medios de comunicación da Sra. Rosa, calquera que as lea cún pouco de detenemento, pode chegar con claridade o fondo da causa pola cal perdemos a confianza na súa capacidade para estar a fronte do goberno do noso pobo.

A súa incapacidade a deixa reflexada cando manifesta que séus "súbditos" deben de acercarse a ela para dialogar, ¿quen goberna? Ela, ¿quen precisa apoio para gobernar? Ela, polo tanto, quen ten que dirixirse en busca de diálogo e confluencia ten que ser ela, porque como día a sabiduría do pobo, quen vai a un sitio sen ser chamado vai voltar desenganado.

Cando fala de incoherencia e opacidade e sen base ideolóxica, decirlle que non se é -como é seu caso- dún sitio poboacional ou ideolóxico por cubrirse cunhas siglas, senón na práctica, e ca excepción de subir o camión para repartirlas vallas (iso sí co fotógrafo, tacón alto e traxe de festa) no resto, permítanos decirlle que as súas maneiras e trato cos/as veciños/as foron e son bastante doutra banda. Converxencia Galega, non déu ningún xiro, sigue mantendo a súa postura e así o demostra nos feitos do día a día, noso sitio está o lado dos/as veciños/as.

Claro que o proceso de modificación das Normas Subsidiarias é lento, pero ¿porque temos que castigar aos veciños/as dos arredores cunha suspensión de licencias durante un ano, para logo volver a facelo cando se aprobe o Plan Xeral? ¿Quen dixo que queríamos o PXOU aprobado en dous meses? Vde., ve fantasmas por moitos sitios, e pon na boca dos demais seus delirios, pero sería mellor que dixera que traballos mandou facer para mellorar e arranxar o Informe Previo a Aprobación Inicial do PXOUM, (PTU-PO-08/024) composto de 7 páxinas que afectan a todo o Concello

E decirlle a algún dos seus voceiros, que despois do espectáculo que están dando en Lugo, o "Caso Patos", a trama do "Formigón", e outros máis que a cada paso están xurdindo en todo o país, e como para estar caladitos cando falan de maletíns sen aportar algunha proba nos xulgados.

Dende CONVERXENCIA GALEGA, tal e como temos manifestado nos medios e a todalas persoas que nos preguntan, o apoio o cambio de goberno é na búsqueda dunha alternativa de mellora e de avance para Oia, e someténdonos o examen dentro de tres anos,(seguimos insistido no tempo, xa que nesas datas será o inicio da campaña electoral e momento de analizar o positivo e negativo de cada grupo) e nas eleccións, serán os/as veciños/as quenes decidan cal vai ser o noso sitio, se aprobamos, seguiremos no Goberno e senón eles mesmos nos enviarán para a casa, pero mentras tanto, imos intentar traballar polo futuro do noso pobo.

Oia, a 07 de novembro do 2.015

 

 

 

Luis Giraldez Figueiró, José Manuel Romero Martínez, Angel Portela Rodríguez,
Grupo Municipal de CONVERXENCIA GALEGA no Concello de Oia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones