Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CORES TOURÍS ANALIZA COA ALCALDESA DE OIA O FINANCIAMENTO DO MURO QUE SEPARARÁ O COLEXIO DO NOVO CENTRO DE SAÚDE

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recibiu a Cristina Correa Pombal para estudar a situación desta obra xunto ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recibiu a Cristina Correa Pombal para estudar a situación desta obra xunto ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares

Fecha: 27 de Enero de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, analizou esta mañá, no seu despacho, coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal, o financiamento do muro que se está a construír para separar o colexio Mestre Manuel García do novo centro de saúde da localidade.

Na reunión estivo tamén presente o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, quen destacou o apoio da administración para cos dous centros educativos cos que conta este municipio onde se investiron nos últimos anos case 137.000 euros en diversas melloras como a reforma das cociñas e da aula de infantil, así como a reparación da cuberta do pavillón e do ximnasio e a instalación eléctrica do Mestre Manuel García, ou a instalación de fontanería e a reforma da instalación eléctrica do CEIP de Refoxos.

Delegado territorial e alcaldesa acordaron afrontar a execución deste muro, que está a levar a cabo a empresa concesionaria da execución das obras do centro de saúde, con cargo a ambas administracións. A obra é necesaria xa que, "tívose que tirar o muro que existían anteriormente e é imprescindible, pola seguridade dos alumnos, que ambas infraestruturas se atopen separadas e sexan independentes".

Por outra banda, a alcaldesa trasladou tamén a Cores Tourís a solicitude de que, con cargo aos orzamentos deste ano, se executen melloras nos centros educativos da localidade, en especial, para mellorar a eficiencia enerxética dos mesmos, comprometéndose o concello, pola súa banda, á execución doutras obras nos mesmos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones