Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cores Tourís analizou co alcalde de A Guarda as demandas do municipio

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra realizou unha visita institucional a este concello con motivo do seu nomeamento

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra realizou unha visita institucional a este concello con motivo do seu nomeamento

Fecha: 15 de Diciembre de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, realizou unha visita institucional aos concellos de Forcarei, Vilaboa, Rodeiro e A Guarda onde mantivo unha entrevista cos seus alcaldes, os que lle transmitiron as principais preocupacións dos municipios en relación á actividade da administración autonómica.

O delegado territorial continúa así, tras tomar posesión do seu cargo, a rolda de visitas polos concellos dependentes da Delegación Territorial de cara a escoitar os responsables municipais e analizar as súas demandas.

A Guarda

Finalmente, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, analizou con Cores Tourís diversos proxectos relativos ao monte de Santa Tegra, en concreto, a execución dunha senda de circunvalación que permitiría mellorar a seguridade tanto de peóns coma de vehículos a este punto. En relación a esta zona, o alcalde tamén demandou colaboración da administración autonómica para a execución de subministro de auga e saneamento, uns servizos que o delegado territorial recordou que son de competencia municipal e que, neste senso, o concello debería solicitar a implicación da Deputación provincial.

O rexedor tamén estudio co delegado territorial a demanda dun novo auditorio para o municipio, co obxectivo de poder atender as demandas das asociacións culturais e sociais do concello para poder desenvolver diferentes actividades. Neste mesmo senso, pero en relación ao deporte, solicitou a colaboración da administración autonómica na reforma do pavillón municipal de A Sangriña, onde se desenvolven diversas actividades deportivas.

Finalmente, en relación ás infraestruturas, Lomba tamén demandou á Xunta a mellora de seguridade viaria no entorno da rotonda de acceso á vía de alta capacidade, en especial, a execución dun proxecto que permita o tránsito dos peóns, xa que se trata dun punto con elevada perigosidade.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones