Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

CORES TOURÍS ANUNCIA EN OIA QUE A XUNTA DESTINA 12 MILLÓNS DE EUROS PARA AXUDAR A LOITAR CONTRA O LUME E AO FOMENTO DA SILVICULTURA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

O delegado territorial da Xunta visitou hoxe as comunidades de Burgueira, Loureza e Barrantes, as que calificou como un exemplo de traballo en pro da recuperación dos montes e a prevención dos incendios forestais

O delegado territorial da Xunta visitou hoxe as comunidades de Burgueira, Loureza e Barrantes, as que calificou como un exemplo de traballo en pro da recuperación dos montes e a prevención dos incendios forestais

Fecha: 19 de Enero de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá, acompañado do xefe territorial de Medio Rural, Miguel Pérez Dubois, as comunidades de Burgueira, Loureza e Barrantes, nos concellos de Oia e Tomiño, co obxectivo de trasladarlles a publicación de 3 liñas de axudas para a loita contra os incendios, a reforestación e o fomento da silvicultura.

En total, segundo destacou Cores Tourís, a Xunta destinará 12 millóns de euros a estes fins, destacando a estas tres comunidades de montes do Baixo Miño como un exemplo de traballo para a recuperación dos montes e a prevención contra o lume.

Deste xeito, a Xunta de Galicia publicou o pasado 30 de decembro tres liñas de axudas relativas a loita contra os incendios forestais. A primeira delas, está destinada á produción forestal, neste caso, para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, cun orzamento de 6 millóns de euros, o dobre que no 2015. A esta liña poden acollerse os interesados na realización de prácticas preventivas que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal, e tamén aqueles interesados na posta en marcha de tratamentos silvícolas.

Os beneficiarios desta nova liña serían tanto as Sofor como os propietarios particulares ou as cooperativas agrarias e comunidades de montes veciñais en man común.

Na mesma data, tamén se publicaron as axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, cun orzamento de 2,5 millóns de euros, e cos mesmos beneficiarios. O obxectivo destas subvencións son os gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais, así como as infraestruturas de acompañamento ou obras complementarias das novas forestacións.

E finalmente, tamén o 30 de decembro publicáronse as axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e Sofor, cun orzamento de 3,5 millóns de euros.

As tres comunidades de montes levaron a cabo diversas labores de roza mecanizada en camiños, cotalumes, construción de punto de auga e execución de faixas auxiliares, nas que a de Burgueira (que conta con 2.057 hectáreas) investiu nos últimos anos 35.208 euros; a de Loureza (con 1.809 hectáreas), 152.500; e a de Barrantes (con 1.161 hectáreas), 88.500.

Cores Tourís destacou estas tres comunidades de montes como exemplo de traballo e xestión do monte, xa que, ademais das labores de prevención e mantemento do mesmo, con brigadas propias no monte, tamén apostan pola diversificación da produtividade do mesmo, destinando por exemplo Burgueira hectáreas para a plantación de kiwis, Loureza para oliveiras e Barrantes implantando rabaños de ovellas a través do asociacionismo veciñal.

A maiores, o responsable territorial da Xunta en Pontevedra tamén quixo destacar a consecución por parte das comunidades de Barrantes, Burgueira, Pinzás e Mañufre da certificación FSC, o que permitiu poñer en marcha un proxecto de trazabilidade da madeira e un plan de explotación conxunta do monte ao longo de 3.350 hectáreas que garante unha marca de calidade.

José Manuel Cores Tourís destacou que nesta provincia, a Consellería de Medio Rural, destinou en 2015 máis de 4,3 millóns de euros a investimentos contra incendios, actuándose sobre case 6.000 hectáreas. "A Xunta investiu directamente 690.000 euros na apertura e mellora de cortalumes, na construción de 23 puntos de auga, na melora de pistas forestais, de postos de vixilancia e na execución de tratamentos silvícolas preventivos", explicou Cores Tourís, engadindo que, ademais, destináronse 2,5 millóns de euros á comunidades de montes de cara a que executaran tarefas similares para recuperar o monte e previr lumes.

Finalmente, a Xunta tamén destinou case 2,9 millóns de euros en investimentos de silvicultura, forestación e execución de traballos en montes conveniados, de cara a manter o monte limpo e recuperar as zonas máis castigadas polos incendios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí