Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cores Tourís comproba o inicio da execución de beirarrúas na estrada PO-552 en Oia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina a estes traballos 48.400 euros

Dotarase así dunha senda na marxe esquerda da estrada ao longo de 350 metros

Fecha: 29 de Enero de 2019

Fuente: Del. Pontevedra - Xunta de Gal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Oia para comprobar o inicio dos traballos de execución de beirarrúas na marxe esquerda da estrada PO-552.

Na visita estivo acompañado pola alcaldesa da localidade, Cristina Correa, así como polo xefe territorial de Infraestruturas en Pontevedra, José Luis Díez e o xefe da Axencia de Infraestruturas, Fausto Núñez.

A obra conta cun orzamento de 48.400 euros e un prazo de execución aproximado de tres meses. "Deste xeito, dende a administración autonómica damos cumprimento a unha demanda efectuada pola alcaldesa que ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria neste tramo urbano do municipio".

O proxecto supón a execución dunha senda pola marxe esquerda da estrada entre os puntos quilométricos 33+910 e 34+240 para completar o itinerario peonil entre a escola infantil e a casa consistorial, na travesía de Oia. "Con estas obra poñemos en marcha os últimos 350 metros de beirarrúas que facilitarán o acceso a estes dous edificios", engadiu Cores Tourís.

O delegado territorial tamén destacou que xa, no pasado verano, a Axencia de Infraestruturas realizou, a través dun contrato de conservación, unha mellora superficial das beirarrúas xa existentes na marxe dereita desta travesía, ao longo de 250 metros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones