Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cores Tourís comproba o remate da obra de mellora do camiño Santa Comba a Loureza no Concello de Oia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que se inclúe dentro do Plan de Infraestruturas Rurais 2019-20, e que permitiu a reforma deste vial cun orzamento de case 46.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que se inclúe dentro do Plan de Infraestruturas Rurais 2019-20, e que permitiu a reforma deste vial cun orzamento de case 46.000 euros

Fecha: 07 de Febrero de 2020

Fuente: Del. Pontevedra - Xunta de Gal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá, en compaña da alcaldesa de Oia, Cristina Correa, e do xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo, as obras executadas por este municipio a través do Plan de Infraestruturas Rurais 2019 na estrada que vai de Santa Comba a Loureza.

O delegado territorial destacou os case 46.000 euros destinados para a pavimentación de este camiño, executado a través do Plan Marco de Camiños Municipais 2019-20.

No caso da mellora desta vía, as obras consistiron nunha nova pavimentación con dobre e triple rega asfáltica, escavación e limpeza de cunetas, roza de vexetación herbárea e aplicación dunha base de zahorra artificial.

Cores Tourís destacou o interese deste concello por continuar a desenvolver obras de mellora destas vías rurais, recordando que nesta lexislatura, o concello recibiu máis de 187.000 euros para a execución de diversas melloras en infraestruturas rurais.

O delegado territorial recordou que, a través destes plans de mellora de camiños municipais, a Consellería de Medio Rural pretende facilitar a ampliación, a mellora ou o mantemento dos camiños municipais, incluíndo actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes. "Estes camiños permiten", segundo engadiu Cores Tourís, "o acceso ás entidades de poboación nas que se asentan vivendas de poboación rural, e supoñen os canais de entrada e saída das producións rurais e das explotaciós agrarias".

Deste xeito, o obxectivo que se marca a Xunta de Galicia é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais mediante o acondicionamento das principais vías de comunicación e outras infraestruturas.

"Estas vías xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo no medio rural; en particular, os camiños rurais facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio, e por outra banda, contribúen ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado", matizou Cores Tourís.

Para o período 2019-20 a Xunta e Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, mantivo o orzamento de anos anteriores, destinando 3,2 millóns de euros aos concellos da provincia de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones