Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Cores Tourís comproba o remate das obras de mellora do entorno da casa consistorial de Oia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou os case 60.000 euros de subvención a este proxecto que permite recuperar este área para uso e goce dos veciños

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou os case 60.000 euros de subvención a este proxecto que permite recuperar este área para uso e goce dos veciños

Fecha: 30 de Marzo de 2017

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Oia para comprobar o remate das obras de mellora do entorno da casa consistorial executadas a través do Plan Hurbe.

Na visita, José Manuel Cores Tourís estivo acompañado do xefe territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en Pontevedra, José Manuel González.

Estes traballos executárose grazas a un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o concello de Oia a través do cal se destinaron case 60.000 euros de subvención para instalar novas cimentacións e pavimentos, así como axardinamento de todo o entorno, xestión de residuos e instalación dunha nova escultura conmemorativa.

"Con esta obra déuselle unha solución a todo este espazo que se atopaba degradado a causa do paso do tempo", explicou José Manuel Cores Tourís, quen engadiu que "deste xeito poténciase un espazo para o uso e goce dos veciños, tendo en conta que se trata dun lugar cunha especial vinculación visual co océano atlántico e máis co Mosteiro desta localidade".

Os traballos permitiron así remodelar os espazos circundantes á casa consistorial cun novo axardinamento e coa ordenación da zona, que conforma un miradoiro. Mellorouse tamén a estética das beirarrúas próximas e acomodáronse ao contorno do monumento, así como tamén se facilitaron condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. Ademais, procedeuse ao saneado e limpeza da praza situada á esquerda do concello.

Por outra banda, no espazo posterior e á dereita da praza incorporouse unha varanda de aceiro galvanizado para mellorar a seguridade da balaustrada existente.

"A finalidade destas actuacións foi favorecer o tránsito e a mellora da accesibilidade ao regularizar o pavimento, o axardinamento e a seguridade, de maneira que o espazo poida usarse como miradoiro con todas as garantías", engadiu o delegado territorial.

Plan Hurbe


A actuación visitada hoxe no Concello de Oia inscríbese no Plan Hurbe, posto en marcha en 2010 polo Goberno galego e que ten un triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial en Galicia. Para conseguilo, o Plan Hurbe inclúe tres programas de actuación: humanización das rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; e equipamentos públicos, referidos especialmente aos de carácter cultural e social.


Dende a súa posta en marcha, ao abeiro do Plan Hurbe, téñense executado 157 actuacións, cun investimento total de 123 millóns de euros. Nesta mesma liña, ao longo de 2017 investiranse arredor de 10 millóns de euros no marco deste plan no conxunto de Galicia.


En relación á provincia de Pontevedra, o delegado territorial destacou que o investimento executado a través do Plan Hurbe foi de 46,36 millóns de euros, realizándose 29 actuacións en 25 concellos pontevedreses.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí