Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CORES TOURÍS VISITOU O CONCELLO DE OIA E A GUARDA PARA ANALIZAR AS NECESIDADES DOS CENTROS EDUCATIVOS DOS MUNICIPIOS

O alcalde do municipio, Alejandro Rodríguez, expuxo as obras que se van a executar nos centros do municipio con cargo ao convenio firmado entre a Xunta, os concellos e a Deputación de Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra aproveitou para analizar as obras que se están a executar no CEIP Mestre Manuel García e no CEIP de Refoxos

Fecha: 07 de Mayo de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Oia para coñecer as últimas obras executadas nos centros educativos do municipio así como para analizar as necesidades pendentes.

O delegado territorial foi invitado polo alcalde da localidade para coñecer as demandas educativas do municipio e estivo acompañado polo xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares.

Sobre a mesa analizáronse as propostas do concello de cara a mellorar o CEIP Mestre Manuel García e o CEIP de Refoxos a través de investimentos con cargo ao convenio firmado entre a Consellería de Educación, a Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia.

Neste senso, o obxectivo do municipio e executar dúas pistas exteriores en cada un destes centros de cara a aumentar a zona de ocio e deporte dos colexios.

Deste xeito, Cores Tourís aproveitou para achegarse ata o CEIP Mestre Manuel García, onde se están a levar a cabo obras e reforma da cuberta do ximnasio. Neste centro, nos últimos anos, tamén se levaron a cabo obras de reforma da cociña e das aulas de Infantil, a reparación da cuberta do pavillón así como unha reforma integral da instalación eléctrica.

Posteriormente tamén se trasladou ata o CEIP de Refoxos, onde a Consellería de Educación mellorou a instalación de fontanería, reformou a instalación eléctrica e a calefacción.

A Guarda
O delegado territorial tamén puido coñecer, ao longo desta mañá, as melloras executadas nos centros educativos do concello de A Guarda, onde, nestes intres estase a executar a reforma da cuberta do patio do CEIP A Sangriña.

Tamén nestes intres estanse a executar obras de reparación de diversa índole no CEIP Rodríguez Sinde deste mesmo municipio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí