Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

CORES TOURÍS VISITOU OIA PARA MANTER UN PRIMEIRO ENCONTRO INSTITUCIONAL COA NOVA ALCALDESA DA LOCALIDADE

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra púxose a disposición de Rosa María Otero

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra púxose a disposición de Rosa María Otero

Fecha: 07 de Julio de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello da Oia dentro da rolda de visitas institucionais que acaba de iniciar hoxe cos concellos que contan, dende o pasado 24 de maio, con novos alcaldes e alcaldesas dentro do ámbito de actuación da Delegación Territorial de Pontevedra.

O delegado territorial visitará así, a ritmo de dous concellos por día, as 18 novas corporacións que variaron de rexedor nas últimas eleccións municipais, dentro dos 48 concellos que dependen da Delegación Territorial de Pontevedra. Tal e como asegurou José Manuel Cores Tourís, "quero falar cos rexedores e rexedoras co obxectivo de coñecer cales son as súas demandas e proxectos para os próximos meses".

Durante a súa primeira visita, José Manuel Cores Tourís púxose a disposición de Rosa María Otero co obxectivo de seguir a executar os proxectos xa iniciados coa administración autonómica, así como con todo o que dependa da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra.

Entre os temas que se analizaron esta mañá atopouse o bo ritmo de execución do novo centro de saúde que se está a construír na localidade e que supón un investimento de máis dun millón de euros. Segundo puido trasladarlle Cores Tourís á alcaldesa, as obras estanse a levar a cabo dentro do prazo previsto e agárdase así que estean listas no próximo mes de novembro.

Tamén deu traslado o delegado territorial á alcaldesa da situación do proxecto para a resolución dos problemas das enchentes do río Seco. Cores Tourís avanzou que o proxecto está practicamente rematado e recordoulle a Rosa María Otero que as obras poderían executarse antes de finais de ano "sempre que o concello colabore e negocie cos veciños os terreos necesarios para a conclusión das obras xa que se necesitan varias parcelas privadas para a creación dun pontón na desembocadura do río".

O delegado territorial da Xunta tamén recordou a alcaldesa a colaboración da administración autonómica nas melloras dos centros educativos deste municipio nos que se investiu 110.000 euros nos últimos anos, explicándolle que, ademais, debe ser o municipio quen leve a cabo as tarefas de mantemento dos mesmos "para evitar danos maiores por acumulación de lixo e follas nos canlóns e tellados dos colexios". En canto ao saneamento, Cores Tourís tamén recordoulle a rexedora que trátase dunha competencia municipal.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra non quixo rematar o encontro sen recordarlle a nova alcaldesa a implicación da administración autonómica no concello de Oia, lembrando os 295.000 euros destinas a obras de emerxencia nos nos ríos Sobral, Broi, Tamuxe e río Seco; o soterramento das liñas eléctricas nas rúas Laures e Vicente López; a reforma da antiga Casa Consistorial como nova oficina de Turismo; a execución por 9,3 millóns de euros do itinerario ciclista entre Baiona e A Guarda e dun depósito municipal de abastecemento en Santa María de Oia por 358.000 euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí