Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CORES TOURÍS VISITOU OIA PARA MANTER UN PRIMEIRO ENCONTRO INSTITUCIONAL COA NOVA ALCALDESA DA LOCALIDADE, CRISTINA CORREA

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra púxose a disposición da rexedora con quen departiu sobre temas como a necesidade de axustar varias obras relativas ao novo centro de saúde ou a petición da limpeza das canles dos ríos antes da chegada dos temp

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra púxose a disposición da rexedora con quen departiu sobre temas como a necesidade de axustar varias obras relativas ao novo centro de saúde ou a petición da limpeza das canles dos ríos antes da chegada dos temp

Fecha: 25 de Noviembre de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello da Oia para manter un encontro institucional coa nova alcaldesa da localidade, Cristina Correa, con quen analizou varias necesidades do municipio.

O delegado territorial recordou que sempre visita aos novos rexedores dos concellos da demarcación territorial de Pontevedra para manter unha reunión con eles de cara a coñecer cales son as súas demandas e proxectos para os próximos meses. "Así o fixen tralos últimos comicios municipais do pasado mes de marzo, e agora volvo a Oia para felicitar a nova alcaldesa e escoitar as súas preocupacións e demandas".

José Manuel Cores Tourís púxose a disposición de Cristina Correa co obxectivo de seguir a executar os proxectos xa iniciados coa administración autonómica, así como con todo o que dependa da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra.

Entre os temas que se analizaron esta mañá atopouse a execución do novo centro de saúde que se está a construír na localidade e que supón un investimento de máis dun millón de euros e onde, nestes intres, quedan algúns flecos pendentes que se están a solucionar, como é a canalización de augas pluviais de cara a súa conexión coa rede municipal ou a execución do muro que separa este centro de saúde do colexio da localidade.

Pola súa banda, a alcaldesa demandou a administración autonómica a posta en marcha de traballos de limpeza e revisión das canles dos ríos do concello, "de cara a previr enchentes coa chegada dos futuros temporais invernais".

Cristina Correa fixo tamén fincapé na necesidade de contar coa administración autonómica para seguir a mellorar e ampliar o saneamento do municipio, así como para a mellora dos centros educativos. Neste senso, o delegado territorial destacou que sería moi importante seguir a contar coa colaboración por parte da Deputación de Pontevedra para a mellora dos centros educativos. "Esperamos seguir contando coa súa colaboración e que a nova corporación se implique tanto como a do anterior presidente, Rafael Louzán. Desexamos que a nova presidenta, Carmela Silva, siga a colaborar coa Xunta de Galicia e cos concellos na mellora dos centros educativos", engadiu.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra non quixo rematar o encontro sen recordarlle a nova alcaldesa a implicación da administración autonómica no concello de Oia, lembrando as obras de emerxencia realizadas nos ríos Sobral, Broi, Tamuxe e río Seco; o soterramento das liñas eléctricas nas rúas Laures e Vicente López; a reforma da antiga Casa Consistorial como nova oficina de Turismo; a execución do itinerario ciclista entre Baiona e A Guarda e dun depósito municipal de abastecemento en Santa María de Oia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones