Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Costas do Estado aproba a redacción do Proxecto de rexeneración do litoral da Lamiña

Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, seguirá de preto este proceso para tentar que a solución a esta problemática se realice de acorde aos intereses comúns e medio ambientais da vila e dos seus cidadáns

Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, seguirá de preto este proceso para tentar que a solución a esta problemática se realice de acorde aos intereses comúns e medio ambientais da vila e dos seus cidadáns

Fecha: 11 de Enero de 2019

Fuente: Concello da Guarda

O "Ministerio para la Transición Ecológica" ven de aprobar no pasado mes de decembro o expediente de contratación de servizos para a Redacción do Proxecto "Estabilización de la margen derecha del Río Miño en su desembocadura, término municipal de A Guarda" baixo procedemento aberto cun presuposto total de 40.898,00€ IVE incluido.

Deste Xeito a Directora Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, Ana María Oñoro Valenciano, comprométese a aprobar o Pliego de Cláusulas Administrativas e de Prescricións Técnicas así coma o Expediente de Contratación para o citado proxecto que dará pé ao inicio dos traballos precisos para a rexeneración deste litoral, gravemente afectado por unha forte erosión que provocou unha perda de áridos que afecta arestora a unha ampla franxa do litoral e do ecosistema dunar existente na zona próxima á desembocadura do Río Miño.

No ano 2015 o Servizo Provincial de Costas propuxo e executou na zona próxima ao Codesal unha actuación de protección do litoral con sacos terreiros, ante a solicitude feita dende o consistorio local polo deslizamento do sendeiro próximo, actuación que na actualidade se atopa "en total ruina" e da que tamén se solicita a súa reparación dende o concello.

O equipo de Goberno do concello da Guarda mantivo unha reunión monográfica a que acudiu tamén o presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez e o ex alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas. As conclusións desta reunión, ao entender do equipo do goberno, están na liña de defender os intereses do concello da Guarda e os valores mediombientais do espazo que sofre o problema erosivo, e pódense resumir nas seguintes:


• Débese evitar que a auga do río entre na zona inundable que está por dentro do cordón dunar, que segundo o informe ten unha extensión aproximada de 150x30 m.


• Débese evitar que continúe a erosión do litoral coa conseguinte perda do cordón dunar e da praia.


• A solución que se adopte debe evitar a reprodución do problema no futuro polo que debe facilitar a rexeneración natural da praia e do ecosistema dunar. Non parece razoable gastar os cartos públicos en actuacións con risco de destrución como sucedeu na "escollera" do Codesal.


• Para o concello resulta de interese que a zona da praia que desapareceu pola erosión do litoral poida recuperarse como un espazo de uso público. Hai que lembrar que a praia do Muíño ten os distintivos de Bandeira Azul e Eco-Praia


• O concello entende que, ademais das consideracións mediomambientais, debe terse en conta a preservación e mantemento do dominio público que é unha competencia de costas do Estado.


Nestes días o concello está pendente dun acordo entre Costas do Estado e Medio Ambiente da Xunta de Galicia para acometer unha solución provisional que evite que continúe o deterioro que está a sufrir o litoral.


Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, seguirá de preto este proceso para tentar que a solución a esta problemática se realice de acorde aos intereses comúns e medio ambientais da vila e dos seus cidadáns, para evitar, na medida do posible, que se volva a repetir.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones