Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cruz Vermella pon en marcha en A Guarda a campaña -En Familia por Dereito-

O proxecto de acollemento familiar é un programa da Xunta de Galicia que leva a cabo Cruz Vermella e que representa unha forma de coidado alternativo que prevé o Sistema de Protección á Infancia, baseado na solidaridade da cidadanía

O proxecto de acollemento familiar é un programa da Xunta de Galicia que leva a cabo Cruz Vermella e que representa unha forma de coidado alternativo que prevé o Sistema de Protección á Infancia, baseado na solidaridade da cidadanía

Fecha: 17 de Octubre de 2016

Fuente: Asamblea Comarcal Cruz Roja

O luns 17 de Outubro ás 12h no Concello de A Guarda terá lugar a presentación da campaña "En Familia por Dereito", de Cruz Vermella no marco do proxecto de Acollemento Familiar que se fai en colaboración coa Xunta de Galicia e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, para difundir información sobre o proxecto e sensibilizar a potenciais familias que queiran participar e colaborar na acollida de menores de idade a través dos seus servizos.

Á presentación asistirán:, María Teresa Vicente Baz concelleira de Servizos Sociais sanidade e igualdad, José María Salcidos presidente comarcal de Cruz Vermella do Baixo Miño, e unha familia acolledora da comarca.

A iniciativa consiste no montaxe dunha exposición na que a través de 8 paneis informativos represéntanse as experiencias de familias acolledoras que asumiron o reto da acollida da man de Cruz Vermella, e tamén de persoas que foron acollidas no pasado que explican o que significou para elas esta medida de coidado alternativo, historias reais que falan das suas motivacións, vivencias, dificultades e satisfaccións.


Con esta exposición pretédese sensibilizar a poboación sobre a importancia de preservar os dereitos dos nenos e nenas, en especial, no dereito a vivir nunha familia e todo o que iso conleva, como o dereito a crecer nun ambiente de afecto e seguridade moral e material. O noso obxectivo principal é chegar a aquelas familias que están dispostas a acoller a menores que por as suas circunstancias teñen máis dificultades, isto é, adolescentes, grupos de irmáns, e nenos e nenas con necesidades especiais.

A exposición estará visible ó público dende o luns 17 ata o venres 21 de outubro nas instalacions da casa do Concelo de A Guarda. Tamén, e para apoiar a presenza da exposición, realizaranse outras sesións de sensibilización: obradoiro de acollemento familiar nun colexio da zona coa participación de máis de 30 alumnos/as, que terán a oportunidade de realizar un libro explicativo sobre o programa de acollemento familiar.

O acollemento familiar é un programa da Xunta de Galicia que desenvolve Cruz Vermella e representa unha forma de coidado alternativo que prevé o Sistema de Protección á Infancia, baseado na solidaridade da cidadanía, que permite os nenos e nenas que se atopan separados dos seus proxenitores crecer nun ambiente familiar estable durante un tempo determinado. Esta separación ven determinada por diversas situacións nos adultos de referencia dos menores de idade que teñen a cargo. O obxectivo xeral é dar cumplimento ó dereito de todos os nenos e nenas a vivir e crecer nunha familia, tendo como horizonte o retorno coa súa familia cando sexa posible.


A 30 de Setembro de 2016, 44 familias, teñen acollido a 57 menores na provincia de Pontevedra. Na zona de influencia da Asemblea de CRE Baixo Miño temos dúas familias acolledoras, e dous menores se beneficiaron desta medida.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones