Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cultura e Turismo investirá máis de 775.000 euros na restauración da Igrexa do Mosteiro de Santa María de Oia

Traballarase na eliminación de humidades interiores así como nos sistemas construtivos que configuran a envolvente do inmoble

As intervencións previstas están incluídas no Plan estratéxico para a protección e conservación do patrimonio cultura de Galicia e contan cun prazo de execución de 18 meses

Fecha: 27 de Febrero de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asinou hoxe un convenio de colaboración coa Diócese de Tui-Vigo, representada polo seu bispo, Luis Quinteiro, para a restauración da igrexa do mosteiro de Santa María de Oia (Pontevedra), catalogado como Ben de Interese Cultural.

O obxecto deste acordo é regular as bases de colaboración para aposta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración de dito inmoble eclesiástico. Deste xeito, redactarase o proxecto básico e de execución e concretaranse as obras necesarias, todo elo cunha inversión por parte da Administración autonómica de 776.000 euros e cun prazo de execución de 18 meses.

Para garantir a conservación deste senlleiro ben, actuarase nas humidades que presenta no seu interior, preservando así as pinturas murais e o retablo que alberga a igrexa. Ademais, coa finalidade de reparar, conservar, restaurar e poñer en valor o conxunto do templo, atenderase aos sistemas construtivos que configuran a envolvente do inmoble como a cuberta, os paramentos verticais, as bóvedas e os pavimentos e carpinterías, tanto polo exterior como polo interior.

Cómpre destacar que tamén se realizarán traballos para o acondicionamento, rehabilitación e mellora das condicións de uso dos espazos compartidos pola igrexa parroquial e o antigo mosteiro que teñan, así como os espazos relacionados e necesarios para a realización dos usos e tradicións litúrxicas e cerimoniais e as visitas públicas e turísticas.

As intervencións previstas están incluídas no Plan estratéxico para a protección e conservación do patrimonio cultural de Galicia da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e que comprende actuacións en catedrais, mosteiros, conventos, abadías, igrexas e patrimonio eclesiástico galego.

Mosteiro de Santa María de Oia
Este convento comezou a construírse a mediados do século XII durante o mandato de Alfonso VI. Pouco despois pasou a formar parte da Orde do Císter e ao longo dos séculos experimentou diversas reformas, motivo polo que conserva elementos románicos, góticos e barrocos.

A igrexa é románica de transición ao gótico e ten planta de cruz latina. A nave central cóbrese con bóveda de canón apuntado, apoiada sobre arcos faixóns que arrincan de ménsulas graduadas, do mesmo xeito que as laterais. A ampla cabeceira está conformada por cinco capelas rectangulares que corresponden directamente cos brazos do cruceiro Preside o templo un retablo maior manierista de comezos do século XVII con relevos e escenas dos santos do Císter e da vida de María, patroa do mosteiro. A igrexa comunica co claustro a través dunha porta do século XVI, da mesma época da que data a antiga sacristía.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones