Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Da comezo o curso de graffiti para a mocidade guardesa dentro do programa Depo rúarte

Este martes, 26 de xullo, deu comezo o curso de graffiti para a mocidade que se celebra na Guarda ata o vindeiro día 8 de agosto.

Este martes, 26 de xullo, deu comezo o curso de graffiti para a mocidade que se celebra na Guarda ata o vindeiro día 8 de agosto.

Fecha: 27 de Julio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Este martes, 26 de xullo, deu comezo o curso de graffiti para a mocidade que se celebra na Guarda ata o vindeiro día 8 de agosto. Os participantes terán tres días de formación máis teórica na que ensaiarán os posibles bosquexos e despois, na segunda parte do curso, adicaranse a adornar o muro da praia de Fedorento, que xa se atopa preparado.

Á presentación deste curso acudiron as concelleiras de Turismo e Cultura do Concello da Guarda, Montse Magallanes e Elena Baz, e tamén a deputada provincial de Xuventude, Digna Rosa Rivas, pois o curso forma parte do programa "Depo Rúarte" impulsado pola Deputación de Pontevedra.

A inauguración do mesmo tivo lugar na Escola Obradoiro da Guarda, onde se impartirán estes tres primeiros días de formación e logo os participantes estarán realizando os seus graffitis xunto á praia, nun curso que está dirixido a rapaces e rapazas de 14 a 30 anos empadroados no Concello da Guarda.

Durante esta primeira xornada a deputada provincial quixo saber de primeira man que lles parecía o curso aos asistentes e tamén destacar a importancia de que estas iniciativas sexan un punto de partida para que logo dende os concellos, como afirmou está a facer o da Guarda, se leven a cabo máis actividades culturais complementarias que logren atraer á mocidade.

Comeza así un curso que se impartirá das 1,30 ás 13 horas, ata a clausura o 8 de agosto e que busca darlle á xuventude guardesa unha oportunidade única de achegarse ó mundo do graffiti e embelecer un recuncho da súa vila ó tempo que practican unha actividade cultural ao aire libre, desfrutando da fermosa contorna da vila en pleno período estival.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones